Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, están a participar dunha intensa axenda de eventos de promoción turística e cultural da cidade de Monforte e da Ribeira Sacra durante o transcurso da xornada inaugural da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra en Madrid do 24 ó 28 de outubro.
Un dos actos relevantes durante a xornada de hoxe, foi o traspaso da capitalidade da Red de Juderías, que a cidade de Monforte ostentou en 2023, sendo o seu Presidente José Tomé Roca.
Tras a visita institucional ó stand da Red de Juderías en Fitur, tivo lugar un xantar de traballo, ó que acudiron 20 das 21 cidades membro da Red, no que o Alcalde de Monforte e, ata a data, presidente da Red de Juderías, fixo o traspaso da capitalidade da Red, que pasa do concello de Monforte ó de Plasencia, sendo o novo presidente da Red o seu alcalde, Fernando Pizarro García-Polo.
O Alcalde monfortino salientou que “foi un reto enorme asumir a presidencia da Red de Juderías en 2023, pero foi un reto e un honor xa que foi a primeira vez que a nosa cidade acolleu a presidencia da Red, dende que ingresamos nela en 2001, xa hai 23 anos”.
Así, durante a presidencia ostentada por Monforte “desenvolvemos os proxectos troncais desta asociación, que afectan a aspectos tan importantes da xestión municipal, como o son o turismo, a cultura e a educación”, destacou o Alcalde Neste aspecto o rexedor monfortino ensalzou a importante labor desempeñada pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada.
Un intenso ano de actividade que culmina coa 63ª Asemblea da Red de Juderías
Un dos retos máis salientables que desenvolveu José Tomé durante a súa presidencia da Red foi a organización da 63ª Asemblea da Red de Juderías “que celebramos en Monforte o 26 e 27 de outubro, a cal foi todo un éxito en canto a participación, co 70% dás cidades membro presentes, e tamén un éxito en canto ós acordos adoptados”.
Baixo a presidencia de Monforte de Lemos, “levamos a cabo un completo programa de accións e actividades, co obxectivo común que nos une as 21 cidades membros desta Rede, que é poñer en valor e difundir a riqueza patrimonial e cultural sefardí que albergamos nos nosos concellos” subliñou o rexedor monfortino na súa intervención.
“Que a capitalidade da Rede de Xuderías recaese en Monforte de Lemos foi para nós un reto enorme, pero as ganas e a ilusión coa que o afrontamos, creo que deu resultados satisfactorios, e seguimos consolidando o labor desenvolta nestes últimos anos”.
O Alcalde destacou o nivel de traballo mantido polo seu Executivo ó fronte da Red en 2023, grazas ó cal, así como tamén polo traballo desenvolto polos anteriores presidentes, “a Red de Juderías é unha institución referente dentro e fóra das nosas fronteiras, de enorme prestixio e sen dúbida o maior referente en España en canto a promoción e posta en valor do noso grandioso legado xudeu”.
Outro dos retos que se marcou José Tomé como presidente da Red foi promocionar e dar a coñecer Monforte e a Ribeira Sacra, algo que se levou a cabo especialmente no transcurso da Asemblea xeral celebrada en outubro.
Dentro das actividades de promoción da Rede, unha das máis relevantes posta en marcha en 2023 foi o novo Portal Turístico traducido a tres idiomas: castelán, portugués e inglés, orientado a buscar a difusión internacional. Tal e como afirma Tomé “constitúe unha plataforma de gran utilidade para continuar a colaborar con outros países de ámbito internacional cos que xa temos relación na actualidade, e especialmente con Portugal que parece ter interese por crear a súa propia rede de cidades e pobos que tiveran presencia sefardí.”
José Tomé tamén recalcou a importancia que ten para Monforte formar parte desta Rede “de cidades tan diferentes en tamaño, costumes e cultura que están distribuídas por todo o territorio nacional e que supoñen para Monforte unha oportunidade de darse a coñecer e poñerse en valor coas actividades conxuntas da Rede”.
Nova presidencia da Red a cargo de Plasencia
Antes de rematar a súa intervención, o Alcalde felicitou ó seu sucesor no cargo, o Alcalde de Lucena, ó que lle transmitiu que “esencia do noso traballo á fronte da Rede, non é outra que poñer en valor o que nos une como Asociación, e creo que é algo que debemos manter sempre, presida quen presida a Rede de Xuderías”.
O Alcalde monfortino ofreceulle o seu apoio “dende a miña experiencia ó longo de todos estes anos que levo na Rede como Alcalde, dende o ano 2014, experiencia que me dice que traballar en equipo coas outras 20 cidades membro reporta beneficios que doutra maneira non alcanzariamos”.
“A Rede de Xuderías é un proxecto máis que consolidado ao longo dos anos, e debe seguir sendo positivo para todos nós, para a oferta turística, cultural, etnográfica e patrimonial que ofrecemos desde cada unha das nosas cidades. Entre nós debe prevalecer un espírito de cohesión e debemos defender os valores que transmitimos desde a Rede, porque traballar desde a unión e marcándonos metas comúns benefícianos a todos” salientou José Tomé.
O rexedor monfortino concluíu destacando que “creo que deixamos a presidencia da Rede de Xuderías nun momento óptimo da súa historia recente, e estou seguro de que co traballo que desenvolverá o novo presidente, para o que pido o apoio e a confianza de todos vós, seguiremos alcanzando todas as metas que nos propoñamos, e seguiremos consolidando os sólidos cimentos desta Rede de Xuderías, para así seguir poñendo en valor e reafirmando o noso pasado xudeu común”.