-O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación Provincial de Lugo estivo presente nas tres competicións desenvolvidas durante toda a xornada de hoxe, para facer entrega dos premios conseguidos polos participantes desta II Fase da Liga Provincial.
- Na competición participaron 11 clubes da Provincia de Lugo e a Cidade de Monforte estivo representada por mais de 150 ximnastas dos Clubes Rítmica Kendra e Quicela Ximnasia Rítmica que conseguiron clasificarse para o Campionato Galego con varios equipos.
Monforte de Lemos, 11 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, fixo entrega no día de hoxe dos diferentes premios correspondentes á II Fase da Liga Provincial de Lugo Individual e Conxuntos de Ximnasia Rítmica Escolar, Promoción e Prebase que se celebrou no día de hoxe, no novo Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.
Nos actos, o Alcalde estivo acompañado polo Presidente da Federación Galega de Ximnasia, D. José Manuel Estévez Feijoo, o Vicepresidente da Federación Galega de Ximnasia, D. Antonio Álvarez Rodriguez, o Concelleiro de Deportes, D. José Manuel Mougán e a Deputada Provincial e Alcaldesa de Burela, Dña. Carmen López Moreno.
As competicións arrancaron ás 9:00 horas cos adestramentos oficiais e a xornada matinal. Ás 11:15 horas o Alcalde fixo entrega dos premios ós mellores deportistas de Escolar e as 13:40 h ós mellores deportistas da Competición Individual e Conxuntos Promoción. Pola tarde continuarán as competicións tanto en individual como en Conxuntos Prebase + Conxuntos Escolar en categorías alevín, benxamín e prebenxamín. Sobre as seis da tarde procederase á entrega de galardóns ós mellores ximnastas Prebase + Escolar.
Os resultados desta segunda fase farán media cos obtidos o pasado 23 de abril no campionato celebrado en Burela e de aquí sairá a clasificación final para o Campionato Galego.
Na competición participaron 11 clubes da Provincia de Lugo que reuniron entre 600 e 700 ximnastas de diferentes idades. A Cidade de Monforte, estivo representada polo Kendra e O Quicela que participaron con un número aproximado de 150 ximnastas, e que tal e como estaba previsto, terán presenza no Campionato Galego con varios equipos. Isto demostra que a rítmica monfortina está en pleno auxe constatándose, que cada vez hai mais ximnastas participando deste deporte.
As competicións desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde con tres modalidades distintas:
10:00- 11:13 h Competición Conxuntos Escolar (Iniciación, Infantil, Cadete e Senior).
11:35 – 13:38 h Competición Individual e Conxuntos Promoción.
15:45 –17:40 h Competición Individual e Conxuntos Prebase + Conxuntos Escolar (Alevín, Benxamín e Prebenxamín)..
Entre as medallas acadadas polos representantes da Cidade de Monforte, temos que subliñar a medalla de ouro acadada por Deborah Mineli que con 43 anos se proclamou Campiona Provincial, con posibilidades de rebalidar o título de Campiona Galega por terceira vez. Iste non é nembargantes o único podium das ximnastas monfortinas que acadaron excelentes resultados que se publicarán na páxina oficial da Federación Galega de Ximnasia unha vez rematadas todas as modalidades da Competición.
O Alcalde quere felicitar a todos os deportistas que participaron nas competicións polo esforzo feito que é froito do traballo diario que fan e especialmente ós ximnastas da Cidade de Monforte que nesta modalidade, como noutras igual de importantes, consiguen poñer o nome da Cidade no mais alto do panorama deportivo nacional.