Monforte de Lemos, 22 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asisitu ó concerto que na tarde-noite de hoxe xoves ofreceron os Xograres de Lemos, e que tivo lugar na praza de España.
No concerto, estivo acompañado polas Concelleiras de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón e Consumo, Regina López.
O concerto dos Xograres de Lemos estivo composto por un repertorio de música tradicional, no que as voces, a gaita, a percusión e o acordeón foron os protagonistas. A praza de España encheuse dun público que disfrutou de coñecidas cancións que forman parte da nosa música tradicional.
Esta actuación forma parte do programa do Verán Cultural do Concello de Monforte, organizado dende o executivo de José Tomé, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.