Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2024. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros e concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, e Muller e Igualdade, Margarita López asistiu onte pola noite á 23ª edición do Festival de Habaneras de Monforte.
O Festival estaba previsto que se celebrase na Praza de España, pero debido á climatoloxía adversa que impidía a súa celebración, foi finalmente trasladado ó Auditorio do Edificio Multiusos. A pesar deste cambio, o certame foi todo un éxito de público, xa que o auditorio estaba practicamente cheo.
O cartel deste ano estivo conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: a Coral Polifónica Albricias de Maceda (Ourense), e o Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales (Cantabria).
O Alcalde, acompañado pola concelleira de Cultura fixo entrega dunha réplica da Torre da Homenaxe ós directores das dúas corais que viron de fora para participar nesta 23ª edición do Festival de Habaneras.