Monforte de Lemos, 21 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar a toma de posesión do policía local Diego Fernández Rodríguez, tras ter solicitado previamente a permuta da praza co axente Iván Pérez Nogueira, que se incorporará o Concello de Ourense (no que Diego Fernández tiña a súa praza), solicitude aprobada polo rexedor monfortino.
Deste xeito, tras xurar o seu cargo, Diego Fernández incorpórase á plantilla da Policía Local de Monforte como axente de subescala de servizos especiais da escala básica de administración especial, grupo C, subgrupo C1, como funcionario de carreira do Concello de Monforte.
Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o Alcalde aproveitou tamén esta sinatura para desexarlle moita sorte no seu traballo ó servizo dos cidadáns de Monforte.