-José Tomé Roca, coñecedor da gran cantidade de seguidores da selección española quere que Monforte dispoña dun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver o partido final do torneo europeo.
-A final entre España-Inglaterra emitirase o domingo día 14 a partir das 21:00 h nunha pantalla xigante, con un tamaño de 6 x 3 metros, que o Concello instalará para a ocasión na Praza Campo de San Antonio e O Alcalde invita a todos os veciños a que se acheguen coas familias e amigos a desfrutar do partido.
-José Tomé, que ten demostrado o seu compromiso co deporte ó longo do seu mandato, pon esta iniciativa en marcha convencido de que é unha oportunidade de desfrutar todos os veciños xuntos os éxitos da roxa e si a sorte acompaña, celebrar a vitoria da selección española.
Monforte de Lemos, 12 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que a capital da Ribeira Sacra poderá desfrutar da final da Eurocopa nunha pantalla xigante con un tamaño de 6 x 3 metros, que o Concello instalará na Praza Campo de San Antonio. Tal e como explicou o rexedor, a intención é que os afeccionados da Roxa poidan ver en directo a final entre España e Inglaterra que se celebrará este domingo día 14 de xullo ás 21:00 h da tarde.
Con esta iniciativa, tal e como explica Tomé, “a partir das nove da noite do domingo, a Praza Campo de San Antonio converterase nun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver á selección española no partido final do torneo europeo”.
O Alcalde explicaba que “este tipo de competicións son das que se desfrutan con familiares e amigos e a instalación dunha pantalla xigante, danos a posibilidade de que todos os veciños poidamos ver xuntos esta competición deportiva de carácter internacional e si a sorte acompaña, desfrutar xuntos tamén do éxito da selección española”.
O Alcalde explicaba tamén que esta non é a primeira vez que tivo intención de levar a cabo unha iniciativa desta índole, pero para que resulte factible é importante que as condicións climatolóxicas acompañen e pola época na que estamos, con temperaturas que invitan a estar na rúa, e a gran cantidade de afeccionados que ten a nosa selección, parece ser unha oportunidade idónea para que os veciños desfruten xuntos dunha competición tan importante.
O compromiso co deporte do Alcalde, recoñecido por todas as agrupacións deportivas da nosa cidade e demostrado, tanto coas inversións tan relevantes en instalación deportivas destes últimos anos, como polas axudas continuas ós clubs que se fan dende o Concello, volve a demostrarse con esta iniciativa.
Unha vez mais, Tomé insiste en poñer en valor a importancia de fomentar que a xente practique deporte, sobre todo a xente máis nova, porque tal e como explica “axuda a crear hábitos saudables, a ter disciplina, a facer cousas en equipo, a asumir a derrota sen frustración e a desfrutar dos éxitos resultado do traballo diario”.
O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas a que o domingo se acheguen á Praza de San Antonio e que xuntos poidan desfrutar da que espera será unha noite histórica da nosa selección, á que lle desexa toda a sorte que necesite para facernos pasar outra xornada inolvidable.
O dispositivo de seguridade activado polo Concello, aconsella que na medida do posible, non se acuda en coche ata a mesma Praza. A Policía Local controlará o tráfico na zona e no caso de que a afluencia de veciños o requira, procederase ó corte de circulación nas inmediacións do Concello.