Monforte de Lemos, 14 de xullo de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, relacionada coa denominada Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.
“É a cuarta sentencia que falla a favor do Concello en relación coa Zona C e que confirma que estamos actuando de acordo coa legalidade”, destaca o Alcalde.
En concreto, trátase dunha sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto por Ramón Conde Mena contra o acto administrativo “acuerdo de la Xunta de Goberno Local del Concello de Monforte de Lemos de fecha 30 de agosto de 2021, por el que se acuerda la desestimación del recurso de reposición interpuesto por el recurrente contra el acuerdo de 16 de junio de 2021, por el que se aprobó definitivamente el proyecto de reparcelación de la zona C de las normas subsidiarias municipales de Monforte de Lemos”.
Na súa demanda, o recurrente reclamaba “declarar como contrario a derecho el acuerdo de la Xunta de Goberno” citado, “declarar el derecho de D. Ramón Conde Mena a que los gastos de urbanización de la finca de origen 03.i sean sufragados mediante la detracción del correspondiente aprovechamiento ordenando al Ayuntamiento de Monforte de Lemos que tramite la correspondiente modificación del Proyecto de Reparcelación o, subsidiariamente, para el caso de anulación del acuerdo aprobatorio del mismo”, e “que se remita al Jurado de Expropiación de Galicia el expediente de fijación del justo precio de los elementos no conservables existentes sobre la parcela de origen 03.i”.
Sen embargo, na Sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, a número 82/2023 de 30 de xuño de 2023, cabe destacar que o Xulgado acolle a pretensión municipal sobre a procedencia de aprobación do proxecto de reparcelación da Zona C, que si ben é certo que derivaba dunha modificación das Normas Subsidiarias do ano 2000 e do sistema de actuación no ano 2015, “a Administración está obligada a ejecutar sus planes urbanísticos, no existiendo necesidad de motivación expresa para decidir llevarlo a cabo en un determinado momento; precisamente, el extenso lapso temporal es lo que justifica, per se, sin necesidad de justificación expresa, que se proceda a poner en marcha sin mayores dilaciones la actuación prevista en el plan urbanístico”.
Do mesmo xeito, a sentencia tamén desestima o recurso contencioso-administrativo interposto polo sr. Conde, no tocante a que solicitaba que se “reconociera a los recurrente el acogimiento a la posibilidad prevista en el art. 275 del Reglamento de la Ley del Suelo de Galicia, y en consecuencia a la entrega del aprovechamiento lucrativo en sustitución del importe total de la inversión de las obras de urbanización”, aspecto no que asentencia indica que “no se aprecia que existe una desviación sustancial entre lo solicitado en la vía administrativa y en el presente procedimiento judicial, pues en esencia, las pretensiones son las mismas, no comportando las alegaciones atientes a motivos formales de nulidad de la resolución recurrida ningún tipo de desviación” .
O demandante tamén pide a aplicación do artigo 275 apartado 7 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Ley 2/2016, de 10 de febreiro, do suelo de Galicia, que regula os efectos económicos da aprobación do instrumento de equidistribución. Neste senso, insiste no dereito que ostenta a que se lle aplique a previsión contida no devandito precepto, e o mesmo ha de ser xa recoñecido no acordo de aprobación definitiva do Proxecto de Reparcelamento como parte dos seus efectos económicos.
Pero a sentenza aclara neste punto que “la normativa de aplicación, en efecto, no establece que esa opción haya de ser contemplada en el acuerdo de aprobación de proyecto, debiendo ser en momento ulterior cuando se decida si procede o no acceder a dicha petición. […] no es posible acceder a dicha petición, pues la normativa no exige que se deba acordar en la resolución de aprobación definitiva del proyecto”.
Deste xeito, a Xustiza volve a confirmar a legalidade das actuacións que o Concello levou a cabo en relación co proxecto da Zona C. Hai uns meses, tamén lle deu á razón á entidade municipal en relación con dous recursos interpostos pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L., así coma outra demanda a cargo da familia Conde.
José Tomé reitera a súa satisfacción “por esta nova resolución que volve dar unha vez máis a razón ó Concello no que se refire á Zona C, e que como recordarán, inauguramos o pasado 15 de novembro de 2022”.
Antecedentes
O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.
Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.
O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.
O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.
A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.
Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.
Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o pasado 18 de xaneiro as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C.
Tras o remate das obras, o Alcalde e diversos membros do Equipo de Goberno, inaugurou a Zona C o 15 de novembro de 2022.