Monforte de Lemos, 19 de xullo de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, no día de hoxeconvocou e presidiu o Consello Municipal de Saúde no Salón de Plenos da Casa Consistorial, preocupado pola problemática que atravesa nestes momentos o Hospital Comarcal de Monforte, a cal lle trasladaron persoalmente tanto traballadores coma pacientes, motivado pola falta de especialistas.
“Todo da esta situación”, sinalou o Alcalde, “vai en detrimento dos pacientes que teñen que esperar unha larga lista de agarda, en moitos casos, e noutros moitos, teñen que trasladarse ó Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo para ser atendidos, e como dos traballadores que están a sufrir un exceso de traballo continuo”.
Tras a exposición feita polo Alcalde onde se recollía a falta de especialistas en hematoloxía, dixestivo, rehabilitación, neuroloxía, psiquiatría, pediatría, etc., interviñeron os demais membros do Consello Municipal de Saúde de Monforte, ó que acudiron os voceiros do Partido Socialista así como do resto de voceiros dos partidos políticos da oposición, representantes do Colexio de Enfermería, de Farmacéuticos, de Psicoloxía, de Médicos, así como da Xunta de persoal do Hospital Comarcal de Monforte, da Plataforma en defensa da sanidade pública (PLADESAPLU), pedáneos e a asociación de Cobas. O Alcalde presidiu o encontro, como presidente do Consello Municipal de Saúde, estando acompañado tamén pola vicepresidenta do Consello, a Concelleira de Sanidade Pilar Espinosa.
Tras a intervención de todos os participantes, coincidían nas súas exposicións e comentarios, coa preocupación prantexada polo Alcalde da deriva que está a tomar o Hospital Comarcal de Monforte, e tras elo, acordouse por unanimidade facer un recopilatorio de datos referente ás especialidades que están sen cubrir, ou que carecen de especialistas total ou parcialmente, así como a falta de enfermeiras e enfermeiros, e dirixirse tanto ó Xerente da Área Sanitaria de Lugo como á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para demandar que se cubran as prazas de forma urxente.
Por tal motivo e a raíz do acordo tomado por unanimidade, o Alcalde está a facer todas as xestións necesarias para a recompilación destes datos, e tan pronto como dispoña deles procederase a remitir este acordo levado a cabo no Consello Municipal de Saúde.
Na xuntanza do Consello Municipal de Saúde, tamén se fixo referencia ó apoio á concentración que se vai levar a cabo no día de hoxe diante do Hospital Comarcal en sinal de protesta por esta falta de facultativos especialistas, “porque consideramos que a propoña quen a propoña, o que se están a defender son os intereses dos cidadáns de Monforte de Lemos e da comarca, considerando que a sanidade é un dereito fundamental de todos e de todas” subliñou o Alcalde. Neste senso, o Consello de Saúde apoiou esta concentración que se vai levar a cabo ás 12 horas diante do Hospital.