O Xoves de Compadres da comezo aos festexos do Entroido 2023 de Monforte con 18.000€ en premios

Monforte de Lemos, 9 de febreiro de 2023. O entroido acaba de comezar co concurso do Xoves de Compadres, unha celebración que tradicionalmente se distingue por levar á rúa a  burla e sátira que as mulleres fan dos homes e que supón a contestación dos homes unha semana mais tarde, o 16 de febreiro, co Xoves de Comadres. A continuación, a cidade do Cabe desfrutará  do desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido que terá lugar o día 21 de febreiro para pechar os actos, o mércores día 22, co Enterro da Sardiña.

Nesta edición de 2023, o Concello destina 18.000 euros en premios, mantendo a mesma axuda que en 2022. Neste senso, o pasado ano, no que se recuperou a actividade logo do parón propiciado polo Coronavirus, o Concello incrementara o importe destes premios en 4.900 euros máis con respecto a 2020 (un 37,40% máis), ano en que se repartiran 13.100 euros en premios..  

Concursos do Xoves de Compadres e de Comadres

Tanto para o concurso do Xoves de Compadres como para o de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España.

Á hora de decidir os gañadores tense en conta a orixinalidade dos materiais empregados, a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios ten unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Tanto no caso do Xoves de Compadres como no de Comadres, os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes:

Individuais

1º premio: 75 euros

2º premio: 50 euros

Accésit: 25 euros

Colectivos

1º premio: 120 euros

2º premio: 95 euros

Accésit: 50 euros

Outros premios

-Premio á etnografía: 125 euros

-Premio á crítica social: 125 euros

Este ano na categoría de Barrios Colectivos o número de participantes ascende a oito: CEIP Plur. A Gándara, CEIP Plur. Monforte, Asocia. Veciños Barrio de Cobas, Asoc. Do Barrio da Pinguela, San Julian de Tor, Asociación Agora (centro de día), AFAMON, Asociación Prodeme.

Na categoría de Barrios Individual a lista de inscritos é de cinco: Auxilia Monforte, Asoc. Agora (centro de atención diúrna ocupacional Infanta Elena-Agora), Centro Viño Ribeira Sacra, Centro Viño Ribeira Sacra, Cinsa.

Na categoría de Centro de Ensino colectivo hai dous participantes: Fund. Torre Lemos, Colexio Ferroviario e en Centro de Ensino individual hai tres participantes: ANPA Colexio Escolapios, CEIP Plur. A Gándara, CEIP Plur. Monforte.

Xa por último, na categoría Individual hai dous participantes: Abril e Antón.

Por outro lado, segue a estar aberto ata o mércores 15 de febreiro as 14:00 h, o prazo para inscribirse no concurso do Xoves de Comadres.

Martes de Entroido: desfile de comparsas e disfraces

O día grande do Entroido en Monforte será o martes, 21 de febreiro e o derradeiro día para poder inscribirse neste concurso, presentando a correspondente documentación no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, será o 16 de febreiro ata as 14 horas.

O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade.

A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.100 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 400 euros.

Por outra parte, haberá premios de 125 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena, a mellor música en vivo, o mellor humor e a mellor crítica de actualidade.

O desfile de comparsas e disfraces comezará o 21 de febreiro ás 17:00 h na praza da Estación.

A relación completa de premios é a seguinte:

COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE:

Comparsas de máis de 90 compoñentes

1º- 1.100 euros

2º- 700 euros

3º- 500 euros

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes

1º- 500 euros

2º- 350 euros

3º- 200 euros

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes

1º- 400 euros

2º- 250 euros

3º- 200 euros

Comparsas entre 4 e 24 compoñentes

1º- 250 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes

1º- 125 euros

2º- 100 euros

3º- 75 euros

Premios de 125 euros a:

  • Mellor comparsa tradicional
  • Mellor posta en escena
  • Mellor música en vivo
  • Mellor humor
  • Mellor crítica de actualidade

Premios ás Carrozas

1º- 400 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

Accésits

  • Comparsas con máis de 90 compoñentes: 250 euros
  • Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 130 euros
  • Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 100 euros
  • Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 100 euros
  • Comparsas infantís: 40 euros
  • Individual adulto: 40 euros
  • Individual infantil: 40 euros
  • Ás carrozas: 70 euros

 

Individual infantil de 1 a 3 compoñentes

1º- 100 euros

2º- 75 euros

3º- 60 euros

Comparsas infantís de 4 compoñentes en diante

1º- 225 euros

2º- 130 euros

3º- 75 euros

COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE:

Comparsas de 1 a 3 compoñentes

1º- 125 euros

2º- 100 euros

3º- 75 euros

Comparsas de 4 a 24 compoñentes

1º- 250 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

Comparsas de máis de 25 compoñentes

1º- 400 euros

2º- 250 euros

3º- 200 euros