Este xoves 28, teatro no Edificio Multiusos coa peza Cinco minutos sen respirar, de Ítaca Teatro

Monforte de Lemos, 26 de decembro de 2023. O teatro volve esta semana a Monforte, dentro do ciclo de teatro deseñado polo Equipo de Goberno para o segundo semestre do ano 2023, cunha peza que supón o remate deste ciclo.

Deste xeito, o Edificio Multiusos acollerá o xoves 28 de decembro a partir das 8 da tarde unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a público adulto.

Trátase da peza que leva por título Cinco minutos sen respirar, e será posta en escena pola compañía Ítaca Teatro. É unha adaptación da obra homónima do dramataurgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, dirixida por Carlos Neira.

A representación forma parte do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo no ano 2023.

 

Sinopse

Cinco minutos sen respirar fala de problemas actuais como os abusos bancarios, a explotación laboral, o suicidio, a violencia, ... cunha linguaxe que se move entre o metafórico e o literal. Profunda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade. Fala das segundas oportunidades, a procura do amor a través da solidariedade e o rol liberador da literatura fronte ao abuso.

Trátase dunha peza que pon de manifesto a necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade, retratando os anhelos, os medos e a escuridade que pode albergar unha persoa.

En escena dous personaxes que buscan algo de poesía que dea dignidade ás súas vidas, Margarita, unha ex-empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado, interpretados por Elea López e Carlos Rebolo.