Monforte de Lemos, 26 de setembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia que o teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o segundo semestre do ano 2023, tras rematar o programa do Verán Cultural.
Deste xeito, no segundo semestre deste ano, teremos a oportunidade de asistir a nove representacións de compañías tanto profesionais como de teatro afeccionado dirixidas a público adulto como infantil e familiar, e representaranse entre os meses de outubro e decembro.
O Alcalde destaca que “tras o éxito do programa das Festas Patronais e do Verán Cultural, que ven de rematar coa celebración do San Mateo o pasado xoves, animamos ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o segundo semestre deste ano, que da continuidade ó noso calendario cultural de actividades e que se estende ó longo de todo o ano”.
Rede de Teatros e Auditorios
A participación do Concello da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:
Programación para público Adulto:
- Gloria Nacional, da compañía Teatro do Noroeste, o xoves 5 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
- Unha inimiga do pobo, da compañía Talía Teatro, o xoves 26 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
- O porco de pé, da compañía Producións Teatrais Excéntricas, o xoves 9 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
- Contos Arraianos, da compañía Sarabela Teatro, o xoves 30 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
Programación para público Infantil e familiar:
- The show moscón, de Galitoon, terá lugar o domingo 3 de decembro, ás 18:00 h. no Auditorio do Edificio Multiusos, para público infantil e familiar, e con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional
O Concello de Monforte de Lemos tamén participa noutros dous circuítos teatrais nesta ocasión os da Área de Cultura da Deputación de Lugo: o Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional.
Dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado, o sábado 25 de novembro ás 20:00 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o grupo Argalleiras-Chantada representará A autopista, representación con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos.
Tamén dentro deste ciclo de teatro afeccionado, o sábado 16 de decembro ás 20:00 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o grupo Viraventos-Monforte representará A cegueira de Cupido, representación con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos
Dentro do Ciclo de Teatro Profesional o grupo Ítaca Teatro representará o xoves 28 de decembro ás 20:00 no Edificio Multiusos a obra Cinco minutos sen respirar. Esta representación dirixida todos os públicos tamén será de entrada gratuíta.
Finalmente, fora de ambos circuítos, o Concello programa a obra Inseguridade Social de Teatreiras-Monforte, para o sábado 18 de novembro, ás 20:00 h na Casa da Cultura, con entrada gratuíta para todos os públicos.