Monforte de Lemos, 5 de decembro de 2023. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer a Programación do Concello de Monforte para este Nadal 2023-2024, “un ano 2023 no que a normalidade, permitiunos celebrar plenamente o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as Festas Patronais, e polo tanto tamén desenvolvemos unha completa programación de Nadal”.
Na rolda de prensa, a Concelleira de Cultura describiu polo miúdo o programa de Nadal do Concello de Monforte, que é o que detallamos a continuación.
Programación do Nadal 2023-2024
A actividade de Nadal iniciarase coa convocatoria do Concurso de Beléns para centros de ensino da cidade.
Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2023”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.
-Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores será a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello.
Ó igual que nos últimos anos, J. Antonio Dávila levará a cabo a montaxe dun Belén galego, que estará exposto dende o 14 decembro de 2023 ó 10 de xaneiro de 2024 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
A 23ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino terá lugar o 20 de decembro as 6 da tarde no Edificio Multiusos.
Durante 2 fins de semana, o protagonista na Praza de Abastos será o Mercado de Nadal. Así, desenvolverase as fins de semana do 22 e 23 e 29 e 30 de decembro de 2023 na Praza de Abastos. Nel, ademais do mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha completa oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño.
O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.
Teatro e espectáculos para toda a familia
O teatro terá tres citas protagonistas:
- “A cegueira de Cupido; porque o amor nunca é o que parece” do grupo de teatro Viraventos, o 16 de decembro ás 8 da tarde, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Dirixido a público adulto, con entrada gratuíta.
- “Elfos en prácticas” de Trémola Teatro, o 26 de decembro ás 6 da tarde, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. É un espectáculo infantil e familiar, con entrada gratuíta.
- E o 28 de decembro ás 8 da tarde, “Cinco minutos sen respirar” de Ítaca Teatro, no Edificio Multiusos, dirixida a público adulto, con entrada gratuíta.
Ademais, O humorista e contador de historias, Xan Veiga, ofrecerá o seu espectáculo “Sonchistorias” a partir das 8 e cuarto da tarde do xoves 4 de xaneiro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
Ampla variedade de concertos
Os Concertos, igual que o pasado ano serán os protagonistas na rúa do Cardeal, para animar á hostelería e a actividade no centro da cidade. Para elo, programamos 2 actuacións destacadas a cargo de grupos monfortinos:
- Doc Magoo’s, actuará o 23 de decembro ás 8 da tarde na rúa Cardeal.
- Malenne, actuará o 30 de decembro ás 8 da tarde na rúa Cardeal.
O tradicional Festival Nadal 2023, correrá como todos os anos a cargo do Conservatorio Municipal e celebrarase o 21 decembro ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.
O Concerto de Corais Nadal 2023 será o 22 decembro ás 8 da tarde na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación da Coral Polifónica de Sarria, o Coro de adultos do Conservatorio de Viveiro e a Coral Polifónica Concello de Monforte.
O Concerto de Ano Novo correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo. Organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte, celebrarase o mércores 3 de xaneiro xa de 2024 ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.
Cabalgata de Reis
Un dos días máis agardados será o venres 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas.
O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio.
Un pouco máis tarde, ás 19:30 h., as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial.
O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “un ano máis, dende Equipo de Goberno, ideamos un completo e variado programa de actividades de Nadal, co obxectivo de que os monfortinos e monfortinas, e tamén as persoas que nos visitan estas datas, vivan con alegría e ilusión estas festas, e tamén para contribuír a dinamizar os nosos sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo.”