Monforte de Lemos, 19 de xullo de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, informa que mañá xoves, 20 de xullo, o Concello de Monforte abre o prazo para que as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais 2023 realicen a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas.
O Concello dispón de 12 prazas para realizar esta actividade e asignarase por rigorosa orde de inscrición. O derradeiro día para anotarse será o venres, 4 de agosto.
Se o número de inscricións supera ó número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar a persoas desa lista pola orde na que figuren nela no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.
Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.
Esta actividade terá remuneración económica de 30€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.
Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.
Documentos para descargar: