Monforte de Lemos, 15 de setembro de 2023. O pasado mércores 13, o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou a posta en marcha da oficina móbil do programa Acelera PEMES, unha medida que reforzará o asesoramento gratuíto en materia de transformación dixital que vén ofrecendo a institución provincial dende hai seis meses a empresas e autónomos da provincia a través deste proxecto, que impulsa en colaboración co Goberno do Estado.
Así, o vindeiro luns 18 de setembro, a oficina móbil estará ubicada na praza da Compañía de Monforte, e ofrecerá asesoramento especializado a partir das 12:30 horas a autónomos ou propietarios de pequenas e medianas empresas que precisen impulsar a dixitalización dos seus negocios e proxectos empresariais.
Nesta aula móbil, os interesados nestes servizos, que son de carácter totalmente gratuíto, poderán achegarse para poder contar co asesoramento de dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada.
Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme que se ofrecen son os seguintes:
- Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
- Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
- Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.
- Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)
- Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.
O vehículo utilizado nesta campaña impulsada pola Deputación, aliméntase de placas solares para a subministración da enerxía necesaria para o funcionamento dos equipos informáticos e da iluminación. Así mesmo, cóntase cun sistema de reciclado da auga de lavado, o que contribúe á reciclaxe do 100% da auga que usa e á redución ata nun 94% da presenza de hidrocarburos. Unha aposta polo aforro enerxético e o coidado do medio ambiente, na liña de favorecer a sostenibilidade.
Coa oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén desenvolvendo no marco deste proxecto co traballo de 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Neses encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios.
O programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€) da propia Deputación de Lugo.
Calendario completo da oficina móbil
O calendario completo da oficina móbil do Acelera PEMES comprende as diferentes comarcas da provincia, con visitas organizadas entre o mércores 13 de setembro e o xoves 23 de novembro:
Mércores, 13 de setembro:
O Valadouro -10.30 horas
Lourenzá – 12.30 horas
Mondoñedo – 16.00 horas
Venres, 15 de setembro:
Riotorto – 10.30 horas
A Pontenova – 12.00 horas
Meira – 16.00 horas
Pol – 17.30 horas
Luns, 18 de setembro:
Bóveda – 10.30 horas
Monforte de Lemos– 12.30 horas
Martes, 19 de setembro:
Ribeira de Piquín – 10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Baleira – 16.00 horas
Mércores, 20 de setembro:
Láncara – 10.30 horas
O Páramo – 12.30 horas
O Corgo – 16.00 horas
Luns, 25 de setembro:
Carballedo – 10.30 horas
Chantada – 12.30 horas
O Saviñao – 16.00 horas
Taboada – 18.00 horas
Martes, 26 de setembro:
Abadín -10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Cospeito – 16.00 horas
Xoves, 28 de setembro:
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Barreiros – 16.00 horas
Martes, 3 de outubro:
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas
Luns, 9 de outubro:
O Incio – 10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas
Martes, 10 de outubro:
Friol – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Begonte – 16.00 horas
Luns, 16 de outubro:
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá -12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas
Martes, 17 de outubro:
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas
Xoves, 19 de outubro:
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas
Martes, 24 de outubro:
Ribadeo - 10.30 horas
Trabada – 12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas
Xoves, 26 de outubro:
Monterroso - 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas
Guntín – 16.00 horas
Martes, 7 de novembro:
Muras – 10.30 horas
Vilalba – 12.30 horas
Xermade – 16.00 horas
Xoves, 9 de novembro:
A Pobra do Brollón – 10.30 horas
Pantón – 12.30 horas
Martes, 14 de novembro:
Cervo – 10.30 horas
Burela – 12.30 horas
Ourol – 16:00 horas
Xoves, 16 de novembro:
Antas de Ulla – 10.30 horas
Palas de Rei – 12.30 horas
Martes, 21 de novembro:
Paradela – 10.30 horas
Sarria – 12.30 horas
Sober – 16.00 horas
Xoves, 23 de novembro:
Rábade – 10.30 horas
Outeiro de Rei – 12.30 horas