Monforte de Lemos, 6 de setembro de 2023. O Concello de Monforte informa que este venres 8 de setembro levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, concretamente na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.
A tal efecto, estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9:00 horas no subministro de auga que afectarán á propia rúa Roberto Baamonde, dende a rotonda de Correos ata o cruce con Inés de Castro, na Avenida de Galicia dende a parada de taxis ata os Xulgados, a rúa Cardenal dende a rotonda de Correos ata o cruce coa Avenida de Galicia, e a rúa Conde dende Correos ata a Avenida de Galicia.
Os cortes no abastecemento, manterase ó longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras, que se prevé rematen arredor das 13:00 h.