O  Festival Fin de Curso do Conservatorio de música de Monforte celebrouse onte, venres, día 2, como peche de fin de curso

O  Festival Fin de Curso do Conservatorio de música de Monforte celebrouse onte, venres, día 2, como peche de fin de curso.

O Concello de Monforte, organizou o acto de clausura do curso académico do Conservatorio de Música de Monforte, “O Festival Fin de Curso do Conservatorio”, que se celebrou este venres como peche de fin de curso. A esta cita, á que estaban invitados todos os monfortinos e monfortinas e que era gratuíta, asistiu un nutrido número de público que quixo desfrutar do concerto que organiza o Concello para que os estudantes do centro, deleiten coas súas interpretacións aos asistentes presentes.

O Acto, estivo presidido pola Concelleira de Cultura, Educación e Xuventude  Dña Marina Doutón Rajo, que estivo acompañada por varios membros do Equipo de Goberno, entre outros, a Tenente de Alcalde, Dña. Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras e Servizos, D. José Luis Losada. Tamén participaron do mesmo, outros membros da Corporación Municipal, entre os que se atopaba Dña. Katy Varela.

Estas actuacións, que normalmente se celebran ao aire libre, puidéronse desfrutar no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello de Monforte, por mor do risco de choiva e treboadas, que se repetiu estas últimas datas na cidade de Monforte.

No Festival, celebráronse actuacións solistas, en distintos grupos de conxunto, coros e orquestra coas que os estudantes e profesores, puideron deleitar co seu talento aos asistentes que quixeron acompañalos nesta data tan importante para eles.

Dende o Concello, queren felicitar a todos os alumnos do Conservatorio de Música da cidade de Monforte, polo traballo que están a facer e tamén por compartir cos monfortinos e monfortinas estes momentos de disfrute, nos que poden demostrar todos os coñecementos adquiridos durante a súa etapa de formación musical.

 

                                                 

FOTOGRAFIÍAS CEDIDAS POR MONTERO.