Monforte de Lemos, 16 de xuño de 2023. A partir do luns día 19 de xuño, todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2023 – 2024. En particular poderán presentar solicitude:
• Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2023 – 2024.
• Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2023 – 2024 organizada por algunha das federacións deportivas Galegas ou Españolas.
• Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2023 – 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es sendo o derradeiro día para a presentación o 30.06.2023
Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.
Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo REGULAMENTO DE USO, RESERVA E ALUGUER DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MONFORTE que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.
Ao pé desta nova pódese descargar a seguinte documentación:
• Bases da convocatoria
• Modelo de solicitude anexo 1
• Modelo de solicitude anexo 2 (específico para solicitude de adestramentos e escolas)
• Modelo de solicitude anexo 3 (específico para organización de competicións deportivas non federadas)
• Instrucións para presentar a solicitude
Arquivos de descarga:
Anexo 2 adestramentos para competicións e escolas
Anexo 3 Organización competicións non federadas
Instrucións para presentar a solicitude