O Alcalde ven de anunciar este mércores día 21 a data de celebración da Gala do Deporte 2023, despois do parón motivado pola pandemia do covid-19, que obrigou a suspender este evento dende a súa edición do ano 2019.
Este evento ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, Clubs, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do noso Concello, e por eso o Alcalde considera que é unha estupenda noticia que tamén se volva á normalidade coa celebración desta Gala tan esperada polo mundo do deporte na cidade do Cabe.
Foron 32 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso, para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2022 o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas.
O evento, que xa vai pola súa oitava edición, terá lugar o xoves 29 de xuño ás 20:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, e nel daranse a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso.
As candidaturas presentadas foron as seguintes:
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
LUIS ANTONIO COTA PÉREZ |
VOLEIBOL |
DANIEL AREAN GREJS |
TAEKWONDO |
EDUARDO IGLESIAS SÁNCHEZ |
MOTOCICLISTMO |
EFRÉN ÁLVREZ VÁZQUEZ |
PIRAGÜISMO |
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA |
|
CANDIDATA |
MODALIDADE DEPORTIVA |
CARLA HERNÁNDEZ MARTÍN |
VOLEIBOL |
LAURA ÁLVAREZ SUÁREZ |
TAEKWONDO |
NOA DÍAZ QUINTIÁN |
PIRAGÜISMO |
MARÍA CEDRÓN AIRA |
ATLETISMO |
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
GAEL DÍAZ DE LA FUENTE |
TAEKWONDO |
LUCAS PAVÓN SANMARTÍN |
PESCA |
DIEGO EXPÓSITO DÍAZ |
PIRAGÜISMO |
EDGAR ÁLVAREZ SERAFÍN |
PIRAGÜISMO |
MATEO VALLADARES GALLARDO |
PIRAGÜISMO |
XOEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ |
PIRAGÜISMO |
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA |
|
CANDIDATA |
MODALIDADE DEPORTIVA |
INÉS CASAL PEÑA |
TAEKWONDO |
ALICIA CASTRO REGAL |
TAEKWONDO |
ANDREA GUDÍN PÉREZ |
NATACIÓN |
NEREA GUTIÉRREZ ONTIVEROS |
PIRAGÜISMO |
SARA INÉS VARELA CORTIÑAS |
PIRAGÜISMO |
CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A |
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
ICÍA MARCOS GARCÍA |
TAEKWONDO |
LAURA CORREAS MARTÍNES |
FÚTBOL |
CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A |
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
MIGUEL ÁNGEL DE LA GAMA SERRANO |
VOLEIBOL |
JOSÉ MARÍA VEGA SÁNCHEZ |
TAEKWONDO |
EMILIO BELTRÁN DÍAZ |
NATACIÓN |
LUCÍA MARGARITA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ |
BALONCESTO |
CATEGORÍA MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
CLUB KORBIS |
VOLEIBOL |
CLUB TAEKWONDO NEKA |
TAEKWONDO |
CLUB NATACIÓN MONFORTE |
NATACIÓN |
A.D.C. MONTEFORTE |
FÚTBOL FEMININO |
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO DE CATEGORÍA ABSOLUTA |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
CLUB NATACIÓN MONFORTE |
NATACIÓN |
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO CATEGORÍA DE BASE |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
C.B. VAL DE LEMOS MASCULINO MIXTO |
BALONCESTO |
CATEGORÍA DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO |
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
C.B. VAL DE LEMOS |
BALONCESTO |
O xurado do concurso, que ten previsto reunirse nos vindeiros días, terá como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e elixir a cada un dos galardoados.