O Alcalde presidiu o acto de clausura do Plan Activa 2022/2023 do que se beneficiaron preto de 500 veciños.

-José Tomé Roca acompañado da Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e do Concelleiro de Servizos, José Luis Losada,  acompañaron onte pola tarde aos veciños e veciñas que participaron no Plan Activa 2022/2023 no acto de clausura, tras dous anos de ausencia na programación municipal por mor da Covid-19.

-O programa diríxese especialmente ás persoas maiores de 55 anos e tal e como destacou o Alcalde supuxo a materialización dun dos “principais compromisos adquiridos por min e polo Equipo de Goberno cos cidadáns monfortinos, conscientes da necesidade que tiñan os nosos veciños e veciñas, especialmente os mais maiores, de retomar unha vida normal e de sentirse útiles e activos.”

-O Alcalde destacou “a valoración tan positiva que fixeron os usuarios do Plan Activa   que nunha porcentaxe do 95% dos enquistados, consideraron adecuadas e excelentes as actividades programadas, expresando que melloraron as súas relacións persoais e que se atoparon mais dinámicos e independentes.

--O desenrolo das  actividades tivo unha duración de 8 meses, mais do dobre de tempo que en edicións anteriores, e tal e como explicou José Tomé “esta decisión supuxo un aumento considerable do presuposto asignado para este programa, pero foi un esforzo que mereceu a pena tras analizar os resultados de satisfacción dos veciños e veciñas que participaron nel”

-Como en anos anteriores, todas as actividades foron gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ó 100% polo Concello monfortino.

Monforte de Lemos, 24 de xuño de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde,  Gloria Prada Rodríguez, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e pola coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Luz Méndez Castro, clausuraron onte pola tarde o Programa Activa 2022/2023 que nesta edición tivo unha duración moi superior á de edicións anteriores e cunha participación de preto de 500 usuarios repartidos tanto no Centro Cívico da cidade como nas Parroquias que o solicitaron.

“Tras dous anos de ausencia”, explicou José Tomé, “nos que tivemos que suspender este programa pola pandemia da Covid-19, por fin se puido poñer en marcha de novo, e fixémolo con ganas, entusiasmo e alegría, porque este programa está especialmente pensado para os nosos maiores”.

Obxectivos

Os obxectivos que se pretendían acadar eran por unha banda, promover o envellecemento activo e, por outra, mellorar a calidade de vida das persoas maiores. En concreto, buscábase promover o benestar bio-psico-social das persoas maiores, promover a socialización e a participación social, habilitar espazos de encontro interxeracionais, evitar as situacións de illamento e soidade, e dinamizar as zonas rurais do Concello.

Con esta finalidade déuselle prioridade de participación aos maiores de 55 anos, que son os que máis precisaban deste tipo de actividade para volver á normalidade, e gozar dunha vida máis saudable e independente.

Principais novidades do Programa Activa

Fíxose un esforzo por aumentar o número de prazas nas actividades máis demandadas e consolidadas,  entre as que se programaron prazas para persoas discapacitadas, co respectivo aumento de número de grupos que resultaron beneficiados.

 Outra das novidades foi que o Programa Activa tivo unha duración máis ampla que en edicións precedentes, estendéndose desde o mes de novembro de 2022 ata o mes de xuño de 2023, completándose así un total de 8 meses.

En canto ás actividades ofertadas, plantexouse coma novidade “o curso de Competencias dixitais para uso cotiá, no que ensinaron ás persoas maiores como manexar as novas tecnoloxías dixitais, tentando eliminar a fenda dixital interxeracional e reducir as desigualdades que isto provoca”. 

Como en anos anteriores, todas as actividades foron gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e  subvencionadas ao 100% polo Concello monfortino.

O Alcalde finalizou o acto expresando o seu desexo e intención de continuar con este compromiso persoal de mellorar a vida dos adultos maiores, e por este motivo xa se está preparando a programación do PROGRAMA ACTIVA 2024 con un incremento de prazas e de actividades, adaptándoas o máximo posible aos gustos que se extraen das enquisas realizadas aos usuarios e destinando un orzamento de 33.000 €, que tal e como afirmou José Tomé “vai servir para facer un pouco mais felices aos veciños e veciñas que participen nos cursos programados.”