O Concello de Monforte organiza un amplo programa de actividades durante o verán para os nenos e nenas, e rapazas e rapaces, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas, e ao mesmo tempo, proporcionar un abanico de posibilidades de diversión para os mais novos, que fomenten a vida saudable, durante o período de vacacións.
- As actividades van dende un campamento deportivo con actividades variadas tanto a cuberto como ao aire libre, unha nova edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte- R.C. Celta de Vigo, e tamén cursos de tenis e de natación.
- As diferentes modalidades de actividades vanse desenrolar nos meses de xullo e agosto distribuídas en diferentes quendas para dar resposta ás necesidades das familias e, as persoas interesadas, deberán facer unha preinscrición entre os días 23 ao 31 de maio a través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es.
Este pasado luns, día 15, o Alcalde levou á Xunta de Goberno, a aprobación das normas que regularán o procedemento de inscrición e adxudicación de prazas nas actividades deportivas que forman parte do programa deportivo de verán para este ano, 2023.
No Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte, contémplase a realización de actividades de diversa natureza para adaptarse aos gustos diversos dos participantes, que van dende fútbol, tenis, natación ou o campamento deportivo que está pensado para a realización de actividades de diversa natureza tanto en cuberto como ao aire libre.
Na maioría das modalidades está previsto un desconto do 50% do custe das actividades para as familias numerosas, facilitando a posibilidade de que todos os núcleos familiares teñan este recurso ao seu alcance e prevese ademáis, a reserva de 6 prazas para persoas con unha discapacidade superior ao 33%.
As actividades ofertadas para o verán 2023 son:
1. Campamento deportivo de verán
2. XVII campus de fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo
3. Cursos de tenis
4. Cursos de natación na piscina climatizada municipal
CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN:
Esta actividade pretende aproveitar a recreación deportiva como ferramenta na ocupación do tempo libre e de lecer dos nenos e nenas.
O Campamento está distribuído en 3 quendas:
• do 3 ao 14 de xullo
• do 17 ao 31 de xullo
• do 1 ao 14 de agosto
O horario de cada unha das quendas é de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
No transcurso de cada unha das xornadas de actividade as persoas participantes desfrutarán realizando actividades multideportivas, tanto a cuberto como ao aire libre, excursións e talleres diversos.
Nesta actividade poderán participar nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2011 e o 31.12.2018
Para todas as persoas que o precisen habilitarase un servizo de transporte tanto para a ida como para a volta da actividade (ver percorrido e paradas).
O custe de cada unha das quendas do campamento é o seguinte:
- Matrícula sen trasporte: 51,75 € por quincena.
- Matrícula con transporte: 67,28 € por quincena.
Ás familias numerosas terán un desconto do 50 %
Resérvanse 6 prazas para persoas con discapacidade superior o 33 % e 8 prazas a disposición dos Servizos Sociais do Concello de Monforte, en cada unha das quendas.
As persoas con discapacidade superior ao 33% e que así o fagan constar no formulario de presincrición deberán acreditalo coa aportación do correspondente certificado de discapacidade.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Monforte. Ademais, para a quenda preferente, terán preferencia aquelas persoas cuxos proxenitores traballen os dous, e as familias monoparentais. Neste último caso, estas situacións deberán de acreditarse ao realizar a preinscrición, coa aportación da seguinte documentación:
- No caso de que os dous proxenitores traballen, e así o fagan constar no formulario:
- Libro de familia (de todas as follas cubertas)
- Documentación que acredite que os dous proxenitores están traballando:
- No caso de traballadores/as por conta allea: vida laboral ou certificado de empresa que o acredite.
- No caso de traballadores/as por conta propia: vida laboral ou último recibo do pago da cota á Seguridade Social.
- No caso de familia monoparental e así o fagan constar no formulario: certificado acreditativo emitido polo organismo correspondente.
No caso de que a preinscrición non inclúa a documentación requirida non se terá en conta para aplicar o criterio de preferencia.
Acceso o formulario de preinscrición
XVII CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE:
O Concello de Monforte organiza a décimo sétima edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, que ten como obxectivo que nenos e nenas, rapaces e rapazas, poidan gozar dunhas vacacións activas practicando deporte, ademais de ter a oportunidade de facelo da man de monitores que traballan dentro da estrutura dun Club de Fútbol Profesional como e o R.C. Celta de Vigo.
Esta actividade celebrarase entre os días 31 de xullo e 4 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 h. no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.
Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2009 e o 31.12.2016
O custe da actividade é de 26,91 €. As familias numerosas terán un desconto do 50 %
Terán preferencia as persoas empadroadas en Monforte.
Resérvanse 6 prazas para persoas con discapacidade superior o 33 %
Acceso o formulario de preinscrición
CURSOS DE TENIS
Os cursos de tenis están distribuidos en 3 quendas:
• do 3 ao 14 de xullo
• do 17 ao 31 de xullo
• do 1 ao 14 de agosto
O horario das clases en cada unha das quendas será os martes e xoves non festivos (clases de 1 hora de duración a partir das 10:00 h.)
O custe da actividade é de 20,70 €. As familias numerosas terán un desconto do 50 %
Terán preferencia as persoas empadroadas en Monforte.
Resérvanse 6 prazas para persoas con discapacidade superior o 33 %
O lugar de celebración serán as Pistas Municipais de tenis da Pinguela.
Acceso o formulario de preinscrición
SOLICITUDE E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O procedemento de solicitude de participación no “campamento de verán”, no “campus de fútbol” e/ou nos “cursos de tenis” é o seguinte:
1. As persoas interesadas en participar deberán facer unha preinscrición de xeito telemático a través da páxina web www.monfortedelemos.es entre o 23 e o 31 de maio.
2. Publicación de lista de persoas preinscritas o día 5 de xuño.
3. Sorteo de prazas, no caso e ser necesario, o día 7 de xuño. No sorteo estará presente un/unha funcionario/a municipal que dará fe do resultado do sorteo.
4. Publicación de lista de persoas admitidas e lista de espera, o día 9 de xuño.
5. Inscrición definitiva, das persoas con praza, coa aportación da documentación requirida, aboamento da matrícula e xestión de lista de espera entre o 12 e o 22 de xuño. A inscrición definitiva poderá facerse de dous xeitos:
• Enviando toda a documentación requirida por correo electrónico ó enderezo deporte.veran@concellodemonforte.com
• Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.
A documentación que haberá que aportar para tramitar a matrícula é a seguinte:
• Instancia de matrícula
• No caso de familia numerosa, documentación acreditativa correspondente expedida polo órgano competente.
• Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a legal.
• Fotocopia do DNI do/a menor ou libro de familia no caso de non ter DNI
CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL:
Na piscina climatizada municipal organízanse cursos de natación, durante os meses de xullo e agosto dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas.
Os cursos de categoría infantil e nenos serán intensivos por quincenas con clases de luns a venres, mentres que os cursos dirixidos a bebes e adultos serán mensuais con dúas clases á semana.
Para levar a cabo as inscricións nalgún dos cursos ofertados as persoas interesadas deberán acudir á Piscina Climatizada Municipal a partir do 20 de xuño, as persoas aboadas, e a partir do 23 de xuño as non aboadas.
HORARIO TRANSPORTE CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN 2023