-O pasado luns día 17 de abril procedeuse ao peche temporal do Parque da Compañía para proceder á renovación íntegra do piso do mesmo a requirimento do Concello.
-As instalacións permaneceron pechadas dende o luns 17 e a axilidade nos traballos realizados permitirán que se poidan abrir de novo ao público mañá venres día 21 desde as 10 da mañá.
Monforte de Lemos, 20 de abril de 2023. O Concello de Monforte informou do peche provisional do Parque da Compañía para que a empresa Calfensa Proyectos poidera levar a cabo unhas obras de subsanación na zona de xogos e proceder a cambiar o caucho do piso a requirimento do Concello.
O parque infantil da Compañía, que foi completamente renovado a principios do ano 2021, presentaba unha serie de deficiencias no piso de caucho, que non eran xustificables polo escaso período de tempo transcorrido dende a súa colocación.
Esta circunstancia foi a que ocasionou a intervención do Alcalde para requirir á empresa responsable das obras de ampliación e mellora do mesmo, e que se fixese un análise da situación que concluíu cun informe no que se determina que o deterioro estaba ocasionado pola colocación dunha partida defectuosa de caucho.
Ante esta información, o Equipo de Goberno procedeu a requirir á empresa para que levantase o piso defectuoso e volvese a colocar un caucho novo, que garantice que o parque estea en condicións óptimas para ser usado pola xente en xeral e polos pequenos en particular.
A renovación do piso xa se levou a cabo dende este luns e as obras que remataron antes do previsto permitirán que se poida usar de forma normal dende mañá venres ás 10 da mañá.
A empresa responsable das obras lamenta os perxuicios ocasionados.