O Alcalde informa da construción dun Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte

-José Tomé Roca convocou aos medios de comunicación para informar da aprobación  na próxima Xunta de Goberno do inicio do expediente de tramitación dunha dotación pública de vital importancia para Monforte de Lemos.  

-Monforte vai a ter un Área Recreativa e unha Praia Fluvial que vai a ser única en Galicia en canto ás dimensións e aos servizos que se van a contemplar nela tal e como sinalou o Alcalde.

-O conxunto desta dotación pública que promove o Concello de Monforte terá unha superficie total de mais de 116.000 m2, 11,6 hectáreas e o custe estimado para acometer esta área recreativa e praia fluvial ascende a 5.023.818,08 € o que da unha boa mostra da importancia da actuación que se vai acometer.

 

Monforte de Lemos, 10 de maio de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada Fernández, deu a coñecer hoxe mediante rolda de prensa o inicio do expediente de tramitación para a creación dun área recreativa e unha praia fluvial que vai a ser única en Galicia. Tal e como explicou José Tomé “non hai polo momento ningunha dotación de servizo público de esta índole, nin en dimensións nin en prestacións en Galicia”

Tal e como explicou o rexedor, o proxecto afectará a unha superficie total de mais de 116.000 m2 que estará formado por zonas diferenciadas de descanso e lecer, con características tamén diversas para poder abarcar os gustos desiguales dos visitantes e usuarios. Trátase por tanto dunha dotación complexa e completa que tal e como explicou o Alcalde “vai facer realidade unha aspiración de todos os monfortinos e que ata o de agora ninguén acometera”.

Explicación das actuacións.

AZUD DESMONTABLE

- En primeiro lugar: Azud desmontable (presa). Co fin de elevar a cota da lámina de auga do rio para facilitar o baño proxectarase a construción dunha presa desmontable de aceiro sobre base de formigón con unha altura aproximada sobre a cimentación de 1,20 m. Este azud estará en servicio dende a primavera ata outono e retirarase na época de choivas para evitar posibles inundacións.

PRAIA FLUVIAL

- Construirase unha praia fluvial cunha superficie de área que supera os 14.000 m2, 1,4 hectáreas que terá unha fachada ao río de 280 m de largo e un ancho aproximado de 50 m. Terá varios accesos á zona de baño para poder entrar e saír da auga.

ZONA VERDE CON CESPEDE E PRADEIRA

- Divídese en dúas zonas, unha mais axardinada con céspede, pegada á zona de area da praia fluvial, e outra zona con pradeira mais distanciada para zona de paseo e descanso. En ambas zonas conservaranse árbores que xa existen na actualidade e procederase á plantación de outros novos onde sexa necesario.

-  A primeira zona, a axardinada con céspede, contará cunha instalación de rego automático nunha superficie aproximada de 20.000 m2, 2 hectáreas, e a zona de pradeira, terá unha superficie de preto de 48.000m2, preto de 4,8 hectáreas. Deste xeito as persoas poderán optar por recostarse sobre zona de area ou de herba.

ACCESOS E APARCAMENTO PARA VEHÍCULOS

- Na zona de actuación construirase un estacionamento para vehículos con capacidade para 366 automóbiles, ademais de prazas adaptadas para persoas con discapacidade, prazas para motocicletas, bicicletas e autobuses.

Esta zona será pavimentada con aglomerado asfáltico en quente sobre unha sub-base de zahorra compactada. En todo o seu ámbito plantaranse árbores de crecemento rápido para dar sombra á zona do aparcamento. Contará tamén coas correspondentes instalacións de recollida de augas pluviais. A zona de estacionamento terá unha superficie de 19.000m2, preto de 2 hectáreas. 

PASEOS PEATONAIS.

-  En todo o ámbito de actuación da área recreativa construiranse paseos peonís que recorren o perímetro da mesma, cruzando tamén polo centro.

Son paseos de 3 metros de anchura que teñen unha lonxitude de 2.360 metros lineais e unha superficie de algo mais de 8.800 m2, preto dunha hectárea de paseo.

Estes paseos contarán con iluminación mediante puntos de luz de tecnoloxía LED situados cada 30 m. aproximadamente.

PARQUE INFANTIL.

-  Dentro do ámbito da área recreativa e pegado ao paseo peatonal, xunto á zona de estacionamento, construirase un parque infantil semellante ao que hai na Compañía ou no Hospital que terá unha superficie de 1.200 m2 no que se situarán diversos aparatos para xogos de nenos de distintas idades e con pavimento de caucho, tal e como establece a normativa vixente.

EDIFICACIÓN PARA USO HOSTELEIRO E ASEOS XERAIS.

-  Esta edificación construirase en planta baixa, con unha superficie aproximada de 825 m2. Estará situada aproximadamente no centro da zona de actuación entre a zona de baño e a zona de estacionamento e ao lado do parque infantil.

Nesta edificación situarase unha cafetería-restaurante ademais de zonas de almacén e aseos para o público en xeral.

EDIFICACIÓN PARA ALMACEN

- Tamén será unha edificación de planta baixa para uso de almacén e nela situaranse os vehículos e ferramentas necesarios para o mantemento da zona, así como os produtos de limpeza ou abonos que sexan necesarios e terá unha superficie aproximada de 150m2 construídos.

PECHE PERIMETRAL

-  A zona de actuación contará en todo o seu perímetro con un peche de malla electro soldada plastificada de 2 m de alto sobre postes de aceiro, excepto no linde co Río Cabe.

CAMIÑO EXTERIOR

-  Para manter as boas comunicacións na zona onde se ubique a área recreativa habilitarase un camiño publico con bo firme que sirva de aceso ás fincas colindantes.

ACOMETIDAS DE SERVIZOS

-  No plan especial e posteriormente, no proxecto construtivo que se elabore, contarase cos servizos necesarios de electricidade, abastecemento, saneamento e telecomunicacións. Estas instalacións conectaranse ás redes  xerais existentes establecendo sistemas de bombeo si fose preciso.

MOBILIARIO URBANO

-  En todo o ámbito de actuación colocaranse diversos elementos de mobiliario urbano, bancos, papeleiras ou fontes, para uso dos usuarios das instalacións.

ENERXIAS RENOVABLES

-  Crearase un punto de produción de enerxía eléctrica mediante paneis solares fotovoltaicos que se conectarán á rede do complexo e proporcionarán unha boa parte da enerxía eléctrica que se consuma.

José Tomè rematou a súa intervención informando aos medios de comunicación de que “o custe estimado dos traballos técnicos elaborados ata o momento para acometer esta área recreativa e praia fluvial, ascende a 5.023.818,08 € o que da unha boa mostra da importancia da actuación que se vai acometer” e  puntualizou que se van a precisar dous permisos, un da Confederación Hidrográfica e outro de Medioambiente ou do Instituto da Paisaxe da Xunta de Galicia.

Coa iniciativa quérese facer realidade unha aspiración de todos os monfortinos que ata o de agora ninguén acometera.