Monforte de Lemos, 8 de abril de 2023. Coa lectura ás 12 da mañá na Praza de España do saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu comezo oficialmente a XIX Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve hoxe sábado día 8 e mañá domingo 9 de abril na cidade do Cabe.
O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural polo Equipo de Goberno, o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez, o Inspector Xefe do corpo de Policía de Monforte, Celso Dacal Vázquez, os Comandante de Posto e o Capitán Guardia Civil de Monforte, José Luís Eguren e José Santiago Romay, Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez.
Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como Pablo Rivera Capón, Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, José Luis Raposo, Deputado de Medio Ambiente e Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Roberto Prado Díaz, César Mogo, Patricia Otero, Mª Carmen, Alberto e José Antonio Quiroga, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entre outros
Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira e a continuación o Alcalde acompañado polo Equipo de Goberno e o resto de invitados, visitaron a Feira Medieval percorrendo as rúas que estaban ateigadas de público, desfrutando das distintas actividades da Feira.
Hoxe, e tamén mañá, Monforte de Lemos convértese nunha cita ineludible para todos aqueles que queiran desfrutar dunhas Festas diferentes.