-O luns día 17 de abril procederase ao peche temporal do Parque da Compañía para proceder á renovación do piso do mesmo, a requirimento do Concello.
-As instalacións permanecerán pechadas dende o luns 17 ata o venres 21 para garantir a seguridade dos usuarios mentres se procede a subsanar as deficiencias surxidas por unha partida defectuosa de material.
Monforte de Lemos, 14 de abril de 2023. O Concello de Monforte informa do peche provisional do Parque da Compañía para que a empresa Calfensa Proyectos poida levar a cabo unhas obras de subsanación na zona de xogos e proceder a cambiar o caucho do piso a requirimento do Concello.
O parque infantil da Compañía, que foi completamente renovado a principios do ano 2021, presenta unha serie de deficiencias no piso de caucho, que non son xustificables polo escaso período de tempo transcorrido dende a súa colocación.
Esta circunstancia foi a que ocasionou a intervención do Alcalde para requirir á empresa responsable das obras de ampliación e mellora do mesmo, e que se fixese un análise da situación que concluíu cun informe no que se determina que o deterioro está ocasionado pola colocación dunha partida defectuosa de caucho.
Ante esta información, o Equipo de Goberno procedeu a requirir á empresa para que levantase o piso defectuoso e volvese a colocar un caucho novo, que garantice que o parque estea en condicións óptimas para ser usado pola xente en xeral e polos pequenos en particular.
A renovación do piso vaise levar a cabo a semana que vai do 17 ao 21 de Abril, período no que o Parque permanecerá pechado aos usuarios para garantir a seguridade dos nenos e nenas que habitualmente o utilizan e tamén para conseguir una maior axilidade nas obras que se teñen que realizar coa intención de que permaneza pechado o menor tempo posible.
A empresa responsable das obras lamenta os perxuicios ocasionados e comprométese á renovación das zonas defectuosas.