- Este domingo, 16 de abril, vaise desenrolar a primeira actividade no Concello de Monforte do programa Actívate, unha iniciativa da Deputación de Lugo que busca promover o turismo activo, deportivo e de aventura.
-Trátase dunha actividade gratuíta de paddle surf e kaiak de río que terá lugar nos Canóns do Sil ás 11 h da mañá cunha duración aproximada de dúas horas e media.
Monforte de Lemos, 14 de abril de 2023. O Concello de Monforte informa da posibilidade de inscribirse nunha actividade que terá lugar esta fin de semana, concretamente o domingo día 16, de paddle surf e kaiak de río e que se vai desenvolver dentro do programa “Actívate” da Deputación de Lugo que pretende promover o turismo activo, deportivo e de aventura.
A actividade terá lugar ás 11 h da mañá e está considerada con un grado de dificultade baixa-media e destinada a persoas a partir de 7 anos, de condición física mínima e que saiban nadar. Estímase que a duración da mesma será de dúas horas e media aproximadamente e un dos obxectivos que se pretende coa mesma é dar a coñecer o entorno dos Canóns do Sil, unha paisaxe natural e humanizada extremadamente valiosa.
As recomendacións que se fan para o correcto desenrolo do exercicio, é levar calzado e roupa cómoda, protección solar e chubasqueiro no caso de choiva, así como levar unha botella de auga. A última indicación dos monitores da actividade é a necesidade de prestar atención en todo momento aos guías especializados, xa que ao desenrolarse no medio natural, é preciso garantir unha seguridade básica.
As inscricións deberán facerse na páxina web: “inscricións.deputacionlugo.org”
O punto de encontro indicaráselle ás persoas que se inscriban na actividade