O Concello de Monforte conmemora o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres baixo o lema “Que non te cale o machismo”

Monforte de Lemos, 25 de novembro de 2023. O Concello de Monforte de Lemos conmemorou hoxe o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña de sensibilización baixo o lema “Que non te cale o machismo”, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM).

Ás 12:30 do mediodía, a Concentración convocada na rúa Cardeal encheuse de cidadáns, que acompañaron a gran parte da Corporación municipal, en concreto, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e os Concelleiros de Obras, José Luís Losada, Deportes, José Manuel Mougán, Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, así como diversos membros da corporación municipal monfortina.

En primeiro lugar, procedeuse á lectura dun Manifesto contra a violencia contra as mulleres a  cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Tras ela, tivo lugar o desenvolvemento a Performance “En Pé”, performance de temática feminista creada por Laura Naveira que, a través da mímica, danza e expresión corporal tivo como obxectivo concienciar e visibilizar a discriminación e violencia contra as mulleres, así como a necesidade de implicación da sociedade na loita contra a violencia  machista e a importancia do apoio ás vítimas.

Nesta performance actuaron tamén Violeta Torres e Rebeca Lourido as que, xunto a Laura Naveira, desenvolverán diversas actuacións ó longo do día en diversas localizacións do casco urbano de Monforte.

A Concentración na rúa Cardeal rematou co reparto de material de sensibilización, concretamente paraugas e chapas con lemas da campaña, entre as persoas asistentes.

Pola noite, está previsto que  a Torre da Homenaxe sexa iluminada de cor malva, para conmemorar este día internacional contra a violencia de xénero.

 

Texto do Manifesto

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres.

Segundo a ONU, o 30% das mulleres maiores de 15 anos ou máis, foron vítimas de violencia física ou sexual, alo menos unha vez na súa vida.

Estamos vendo un incremento exponencial nas violacións por parte de menores, e temos que facernos unha pregunta:

¿En qué estamos fallando coma sociedade?

Entendemos que a resposta é difícil. Non é so un motivo, senón un conxunto de situación que soamente con educación e empatía cos demais poderemos revertir.

Segundo dato de balance de criminalidade do Ministerio do Interior do Goberno de España, no primeiro semestre de 2023, denunciáronse en España 2.307 violacións, é dicir, unha cada dúas horas.

A violencia de xénero non é so unha violación dos dereitos humanos, senón que constitúe un serio obstáculo para o desenvolvemento dunha democracia plena, dado que a igualdade entre mulleres e homes está no corazón mesmo de calquera forma de sociedade libre.

Este ano, as mulleres de todos os rincóns dicimos: Acabouse tolerar en silencio abusos que aínda forman parte da cotidianeidade, que presentan como comportamentos naturais o que en realidade son manifestacións do machismo e do patriarcado.

Loitar contra a violencia de xénero é investir na vida dos nosos nenos e nenas, e na vida das mulleres, para facer un pais de persoas libres e iguais.

Non me queda máis que agradecer a vosa presencia aquí, e como di o lema da campaña deste ano “Que non te cale o machismo”, “Que non nos cale o machismo”!