Monforte de Lemos, 24 de novembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe o dispositivo de alumeado de Nadal que o Concello está a acabar de instalar nas rúas do municipio e salientou que “este ano superamos o millón de luces LED e isto supón a maior cifra da historia en canto a elementos luminosos, pois son 50.000 luces LED máis que en 2022, o que supón un 5,2% máis”.
Para a iluminación navideña da cidade, o Concello destina unha inversión de 52.000 euros “2.000€ máis que en 2022, o que significa un 4% de incremento, “que é o investimento máis alto da historia deste Concello, e que supera o investimento do pasado ano”, subliña o Alcalde.
“O noso obxectivo con esta importante inversión no alumeado da cidade”, destacou o rexedor monfortino, “é dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería”.
O alumeado será encendido o venres día 1 de decembro ás 6.30 da tarde, e apagarase o domingo día 7 de xaneiro, permanecendo en servizo 38 días, o mesmo número que en 2022. O encendido oficial terá lugar na rúa Cardeal e será realizado polo Alcalde, acompañado por membros do Equipo de Goberno, e farase xunto á árbore que estará ubicado no inicio peonil da citada rúa.
O horario de encendido será de 18:30 a 2 da madrugada.
Principais atractivos da iluminación de Nadal
Unha das principais novidades será a continuidade da iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaranse a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre, con máis intensidade de imaxe, e simulando a caída de copos de neve.
Haberá un cono central na rúa do Cardeal, a modo de árbore de Nadal, de 18 metros de alto, 1 metro máis que en 2022, por 6 metros de diámetro, e na Praza de España instalarase unha Bola de Nadal de 5 metros.
A árbore da rúa Cardeal e a bola da praza de España contarán con paso interior “para que a xente poida facerse fotos dende dentro e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”, subliña o Alcalde.
Máis dun millón de luces LED
José Tomé salientou que este ano o Concello contará con máis dun millón de luces LED para a iluminación de Nadal a través de arcos e motivos decorativos, e resaltou diversos aspectos sobre a mesma.
O cableado necesario para a instalación do alumeado de Nadal é de 12.000 metros de cable trenzado.
Distribuíndo as luces por cada elemento luminoso, segundo os datos facilitados pola empresa que instalou as luces, son os seguintes:
- Os 260 arcos terían 850.000 luces LED.
- A árbore de Nadal do Cardenal, 20.000 luces LED.
- A Bola de Nadal da praza de España, 70.000 luces LED.
- O cedro xunto os Escolapios, 4.500 luces LED.
- E nas árbores das prazas, 1.800 luces LED.
Se se suman as luces das proxeccións da Torre da Homenaxe, as dos 7 arcos de saúdos de “Bo Nadal” que haberá ás entradas da cidade, e as da Casa Consistorial, supéranse o millón de luces LED, incrementando en máis de 50.000 as de 2022, o que supón un 5,2% máis.
“Ademais”, comentou o Alcalde, “isto supón que proporcionalmente un ano máis superamos a Vigo en número de luces por habitante: Vigo ten uns 300.000 habitantes e instalou 11,5 millóns de luces, polo que tocan a 38 luces LED por habitante; Monforte ten arredor 18.500 habitantes, polo que tocamos a 54 luces LED por monfortino”.
A maior inversión en alumeado de Nadal da historia de Monforte
“Dende o Concello investimos 2.000 euros máis no alumeado de Nadal de 2023 con respecto ó ano 2022, alcanzando os 52.000€, un 4% máis, a maior inversión en alumeado de Nadal da historia do Concello de Monforte, superando a cantidade destinada en 2022” salientou o Alcalde.
“Eu como Alcalde e o meu Equipo de Goberno, estamos impulsando o alumeado de Nadal, e asumindo o seu coste e instalación, tal e como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno municipal en 2015, para axudar ó comercio e á hostalería, que son pilares básicos da nosa economía.”
Deste xeito, supérase o número de arcos colocados en 2022 e tamén supérase a altura da árbore do Cardeal, chegando a 18 metros de altura.
Os arcos de Nadal serán de luz LED, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais.
Ademais das 65 rúas iluminadas con arcos, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte.
Tamén será adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía, “como unha guía que nos conduza cara a un ano novo mellor para todos”.
Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionarán as fontes da cidade todos os días co mesmo horario que as luces de Nadal, de 6 e media da tarde (18:30 h.) ata as 2 da madrugada.
Iluminación de 65 rúas da cidade
Este ano son 65 rúas as iluminadas, engadíndose 1 con respecto a 2022, que é Aceña Nova con 1 arco.
O resto de rúas que contarán con alumeado de Nadal son:
- Blanco Amor: 2 arcos
- Praza do Conde: 1 arco
- Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
- San Lázaro: 3 arcos.
- Valle Inclán: 7 arcos.
- Corredoira: 7 arcos.
- Malvarón: 3 arcos.
- Estrella: 2 arcos.
- Rosalía de Castro: 2 arcos.
- López Suárez: 2 arcos.
- Travesía Veiguiña: 4 arcos.
- Fontecha: 2 arcos.
- Tomás Vázquez: 2 arcos.
- Benito Vicetto: 4 arcos.
- Juan Montes: 5 arcos.
- Reboredo: 4 arcos.
- Duquesa de Alba: 4 arcos.
- Carude: 4 arcos.
- Roberto Baamonde: 15 arcos.
- Morín: 10 arcos.
- Hortas: 6 arcos.
- Cardenal (peonil+zona de tráfico): 8 arcos.
- Cardenal estreito: 3 arcos e ½.
- Compañía: 10 arcos.
- Calvo Sotelo: 15 arcos.
- Doutor Casares: 8 arcos.
- Doutor Casares estreito: 6 arcos e ½.
- Ourense: 8 arcos.
- San Pedro: 5 arcos.
- Rúa Coruña: 4 arcos.
- Avenida de Galicia: 15 arcos.
- Rúa Chantada: 10 arcos.
- Celso Emilio Ferreiro: 6 arcos.
- Francisco Moure: 6 arcos.
- Eduardo Pondal: 3 arcos.
- Valle de Lemos: 2 arcos.
- Molinos de Antero: 1 arco.
- Germán Vázquez: 2 arcos.
- Central: 1 arco.
- Real: 4 arcos.
- Inés de Castro: 4 arcos e ½.
- Curros Enríquez: 2 arcos.
- Pontevedra: 2 arcos.
- Concepción Arenal: 2 arcos.
- Praza da Estación: 2 arcos.
- Río Seco: 2 arcos.
- As Cruces: 3 arcos.
- Abeledos: 5 arcos.
- Santa Clara-Ramberde: 6 arcos e ½.
- Casar: 2 arcos.
- Ferrol: 1 arco.
- Santiago: 1 arco.
- Covas: 3 arcos.
- Hermida Balado: 3 arcos e ½.
- Doutor Goyanes: 2 arcos.
- Doutor Teixeiro: 7 arcos e ½.
- Comercio: 3 arcos e ½.
- Paseo de Lugo: 3 arcos.
- Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
- Pinguela: 2 arcos.
- Sarria: 3 arcos.
- Lois Pereiro: 2 arcos.
- Otero Pedrayo: 3 arcos.
- Julio Camba: 2 arcos e ½
“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas”.