Monforte de Lemos, 21 de setembro de 2023. O Concello de Monforte informa do calendario de actividades que organiza dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Biblioteca Municipal, programa que dará comezo mañá venres 22 de setembro.
“O obxectivo deste programa” destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “é dar a coñecer e fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Monforte”.
Deste xeito, o venres 22 de setembro empezan as actividades deste programa, concretamente ás 12:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, coa obra “A Maga Sargantana”, a cargo de Los últimos Teatro. Esta actividade está dirixida a alumnos e alumnas de segundo de Primaria dos centros de ensino de Monforte.
O venres 29 de setembro as 12:00 horas desenvolverase a obra “Unha maxia diferentes”, por O Mago Paco, tamén no salón de actos da Casa da Cultura. Esta obra é para alumnos e alumnas de terceiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.
Finalmente, o venres 6 de outubro as 12:00 horas terá lugar no mesmo lugar a obra ”Maxia tola e lectora” a cargo do Leo Leíño, para alumnos e alumnas de primeiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.