Monforte de Lemos, 7 de novembro de 2023. O Concello de Monforte informa que o Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital, ven de poñer en marcha un programa destinado a instalar o servizo de internet por satélite en zonas rurais. Trátase do “Programa UNICO Demanda Rural UNICO RURAL-2)”, desenvolto pola empresa adxudicataria Hispasat, que ofrece axudas para a prestación ó usuario final dun servizo asequible de conexión de banda ancha a internet a unha velocidad mínima de transmisión de 100 Mbps, facendo posible o acceso por medio de cobertura de satélite a servicios de banda ancha.
Polo tanto, o programa posto en marcha polo Goberno de España, e que neste caso é desenvolto grazas a colaboración entre a Subdelegación do Goberno de Lugo e o Concello de Monforte, ofrece a posibilidade de contratar, por parte do cidadán, unha conexión de alomenos 100Mbps de descarga a un prezo de 35€ ó mes sen gastos adicionais, e cunha axuda de ata 600€ para sufragar o custe da instalación. É dicir, o servizo incluirá tanto a instalación coma os equipamentos necesarios (antena, módem, transceptor) de forma gratuíta hasta 600€.
O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “este programa suporá unha mellora importante de conectividade das zonas rurais que non dispoñan de cobertura de conexión con tecnoloxía terrestre fixa, ó facilitar unha conectividade mediante unha solución tecnolóxica satelital de última xeración”.
Neste caso, os cidadáns interesados na contratación deste servizo deben facelo directamente a través da páxina web www.conectate35.es, na que atoparán toda a información deste servizo, así como as condicións para acollerse a el e a que operadores poden dirixirse para instalalo.
Este programa ÚNICO-Demanda Rural vai dirixido a zonas que non dispoñen de cobertura de conexión con tecnoloxía terrestre fixa a una velocidade mínima de transmisión de 50 Mbps en sentido descendente, é dicir, só está pensado, no caso de Monforte, para zonas rurais que cumpran con estas características. A cobertura prevista é do 100% da poboación naquelas zonas onde non hai acceso a redes fixas de alomenos 50 Mpbs.
O desenvolvemento deste programa é un fito en conectividade a nivel nacional, que coloca a España á vangarda en conectividade e que apunta a dar a solución da brecha noutros países internacionais. Calcúlase dende o Ministeiro que esta actuación permitirá facer chegar conectividade ultrarrápida a 1,3 millóns de fogares e empresas e disponse dunhas axudas de 76,3 millóns de euros para que a cidadanía poida contratar ese servizo a un prezo razoable durante o tempo que se desprega a fibra ata todos os recunchos do país a través deste programa.
O Programa ÚNICO - Demanda Rural é unha actuación que se enmarca n a inversión C15.I1 “Extensión da banda ancha ultrarrápida” da Componente 15 do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia da economía española e está financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, con fondos do Mecanismo de Recuperación y Resiliencia establecido polo Reglamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo y del Consejo de 12 de febreiro de 2021.