Monforte de Lemos, 1 de febreiro de 2023. O Concello de Monforte informa que este xoves 2 de febreiro levarase a cabo un corte no subministro da auga co fin de executar as accións de mellora de abastecemento na Parroquia de Ribas altas. As obras que se executarán de forma inmediata, teñen como segunda finalidade, dotar aos cidadáns desta zona de maior presión de auga da que reciben na actualidade.
As zonas afectadas son as seguintes:
- Marxe dereita desde a Rúa Mato que afectará á Rúa Morin.
- O Espido e a varios Barrios de Ribas Altas.
O corte producirase as 9:00 h e o servizo restablecerase o antes posible.
Dadas as incidencias que se estiveron a producir estes últimos días na zona de Ribas Altas, O Concello de Monforte ven de iniciar unha serie de actuacións destinadas a mellorar tanto o subministro da zona, como a presión da auga dos veciños.
Os traballos consisten na instalación de dúas válvulas novas e o cambio dunha que xa existía, para conseguir dous efectos paralelos. Por unha parte, vaise mellorar o subministro de abastecemento na liña e por outra, aumentarase o caudal dos veciños da zona.
As válvulas novas, colocaranse, unha á altura da ITV e outra xunto ó paso inferior de Renfe, de xeito que a liña de Morín poida subministrarse tanto desde arriba como desde abaixo. O subministro normalmente farase desde arriba pero no caso de que se produza calquera tipo de incidencia ou problema, poderase acceder tamén desde abaixo para que deste xeito quede garantizado o subministro á Residencia Xeriátrica.
A maiores, no Campo de fútbol de Ribas Altas, existe unha liña de polietileno á que se lle vai a cambiar a válvula redutora para poñerlle unha de maior tamaño aumentando desde xeito o caudal existente na actualidade.
Unha vez instaladas as válvulas, o subministro da parroquia de Ribas Altas vaise conectar á traída xeral das parroquias de Chao de Fabeiro e Sta. María de Baamorto...
O Alcalde, José Tomé salientou que con estes traballos espera que queden solucionadas as incidencias destes últimos días no subministro da zona de Ribas Altas, tanto de abastecemento como de presión da auga. O rexedor engadiu que se está a facer un gran esforzo e unha gran inversión na mellora da rede xeral de abastecemento de Monforte e que o Equipo de Goberno segue a traballar continuamente para mellorar o subministro de auga na Cidade. Tamén quere aproveitar para agradecer unha vez mais, a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.