Monforte de Lemos, 15 de xaneiro de 2023. O Condello de Monforte ven de informar do corte de tráfico de vehículos que se producirá na rúa Ramón del Valle Inclán dende as 22:00 h do día 16 ata as 22:00 h do día 17 de febreiro.
O motivo da interrupción da circulación do tráfico de vehículos é a execución de traballos de mantemento do paso a nivel situado na rúa Ramón del Valle Inclán á altura das rúas Arosa e Chamoso Lamas e que serán realizados pola entidade ADIF.
O tráfico cortarase no inicio da rúa Ramón del Valle Inclán, en A Florida, permitindo unicamente o paso de vehículos de residentes ata o paso a nivel en obras e á rúa Arosa. En sentido entrada, cortarase a altura da rúa Chamoso Lamas desviándose por esta con dirección Rioseco a circulación de turismos e vehículos lixeiros mentres que para os camións e tráfico pesado en xeral, o corte farase na glorieta da estrada LU-933 existente á altura da entrada da antiga planta de butano, e o itinerario a seguir será pola nova vía de acceso ao Porto Seco e desde este, pola rúa Juan Montes ata a rúa Morín.
Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados e si a execución dos traballos finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á re apertura do tráfico de forma inmediata.
Dende o Concello queren solicitar a colaboración dos cidadáns e agradecer as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.