Monforte de Lemos, 5 de decembro de 2023. A rúa do Cardeal de Monforte acolleu hoxe a instalación dunha carpa da campaña informativa correspondente ó desenvolvemento do “Plan de Xestión da materia orgánica” que Concello de Monforte está a levar a cabo nestes meses.
Baixo o lema RecicLemos de xeito sostible, o obxectivo da carpa foi o de informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe da materia orgánica, a través do coletor marrón, que será implantado nos vindeiros meses.
A tal fin, dous monitores especializados, procederon ó reparto de material informativo así como á recollida de datos dos veciños interesados en participar neste Plan, que se desenvolverá nos vindeiros meses, e que está sendo ultimado polo Concello.
Esta campaña informativa, desenvolveuse hoxe 5 de decembro e terá continuidade o vindeiro martes 12 de decembro, tamén a través dunha carpa ubicada na rúa Cardeal, en horario de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 18:30 horas.
A campaña incide nos restos que si se poderánn depositar no colector marrón, tales como restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusión, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza...
E tamé salienta aqueles restos que non son idóneos para tal fin: restos de omida envasada, cueiros, compresas, bastonciños de algodón, cabichas e paquetes de tabaco, cápsulas de café, téxtil, papel de aluminio, plásticos e envases, lixo, cabelos...
O Concello de Monforte continúa así a informar sobre o seu Plan de Xestión da Materia Orgánica de Monforte, e a través do cal en vindeiras datas poderase depositar a materia orgánica no novo colector marrón.
Este Plan de Xestión da materia orgánica está financiado polo Concello de Monforte ó 35% e pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.