Monforte de Lemos, 14 de setembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que xa se poden solicitar ás axudas para a contratación de alumnos/as do Obradoiro de Emprego Restauración e arquivo dixital Monforte, logo de que este mércores 13 de setembro saíra publicada a convocatoria das mesmas no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Todas as empresas interesadas en solicitar estas axudas, terán 30 días de prazo, a contar dende hoxe xoves 14 de setembro e ata o 13 de outubro, para formalizar as súas solicitudes.
Trátase de axudas de 1.500 euros destinadas fomentar a contratación por parte de empresas de alumnos e alumnas dos módulos de “Carpintería e de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”, que participaron no Obradoiro dual de emprego do Concello, e que rematarán a súa formación o vindeiro 1 de novembro de 2023.
Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos/as alumnos/as e os contratos deberán ser de alomenos 3 meses a xornada completa."
“Deste xeito”, sinala o Alcalde, “dende o Equipo de Goberno do Concello, dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral dos alumnos que veñen de formarse no Obradoiro de Emprego da Pinguela, onde os alumnos recibiron unha interesante formación durante doce meses en dúas especialidades “Carpintería” e “Dixitalización e Arquivo”, realizando unha gran labor en canto a restauración de mobles e carpintería en Xeral, así como a especialidade de dixitalización de documentación histórica do arquivo municipal e cultural.”
A estas axudas poderán optar entidades, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
Descarga de documentos:
Bases de Contratación alumnos Obradoiro de Emprego Monforte 2023
Impresos para Contratación alumnos Obradoiro de Emprego Monforte 2023