Monforte de Lemos, 31 de outubro de 2023. O Concello de Monforte súmase hoxe 31 de outubro ó Día Galego sen Tabaco, iluminando esta noite de cor laranxa a Torre da Homenaxe.
A campaña, que leva por lema “Vive sen tabaco” ten por obxectivo sensibilizar ao gran público sobre os problemas de saúde que acarrea o tabaco, que é a primeira causa de morte evitable e prematura en España.
Segundo datos da Unidade Asistencial de Drogodependendias do Concello de Monforte, a mocidade comeza a experimentar co tabaco moi axiña, debido á influencia da publicidade e das promocións da industria tabaqueira, á facilidade para conseguir tabaco, ao seu baixo prezo e á aceptación social do seu consumo. A forte adicción que provoca a nicotina, facilita o paso de experimentador a fumador habitual nun prazo de tempo moi curto (aproximadamente un ano).
Para máis información os interesados poden dirixirse ós servizos de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependendias do Concello de Monforte, situados na Praza da Estación, 17, no 982 400 495 e no correo electrónico uad@concellodemonforte.com