Monforte de Lemos, 29 de xullo de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncio que o Concello ultima os preparativos da XXIII Mostra de artesanía Artelemos 2023, que se celebrará en Monforte do 4 ó 9 de agosto na rúa Cardenal, e “sendo, como cada ano, a antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do noso Programa Cultural de Verán, abrindo o mes de agosto con este recoñecemento e promoción dos nosos artesáns.”
Coma gran novidade, “este ano o certame durará seis días, un día máis do habitual, pois nos últimos anos a duración era de cinco días, pero ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns este ano dende o Equipo de Goberno decidimos ampliar os días de celebración do mesmo ata o mércores 9 de agosto, en vez de finalizar o martes como se facía nos últimos anos”.
O Concello aposta especialmente por unha Mostra de artesanía que o Equipo de Goberno recuperou no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011. Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos, e mostra delo é a ampliación, nun día máis, do calendario deste ano.
Nesta mostra, que terá lugar do 4 ó 9 de agosto, participarán de 30 profesionais da artesanía, que son 7 máis que en 2022, o número máis algo de participantes dos últimos anos. Son profesionais da artesanía provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España, que, coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de exposición e venda individuais e agrupados en haimas. A maiores colocarase un espazo destinado á realización de obradoiros e demostracións de oficios.
Todos os postos contarán con tarima, iluminación e rotulación promocional de cada un deles, quedando pechado cada posto ás 22:00 horas, e con vixilancia nocturna para garantir a seguridade das pezas expostas.
O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas.
Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.
XXIII Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía
Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.
“Con esta Mostra”, sinala o Alcalde, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.
O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais especializadas en coiro, olería de Gundivós, cestería, madeira, xoiería, gancho, entre outras especialidades. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.
Na Mostra, que será inaugurada o venres 4 de agosto ás 13 horas e coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, ademais dos 30 stands adicados á artesanía, poderemos ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ao longo dos 6 días de duración do evento.
Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día. Estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente.
O Alcalde anima a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 23 edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade. Porque apostar polos artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.
Demostracións e obradoiros todos os días
O programa de Artelemos, ademais da zona expositiva e de venda, inclúe demostracións e obradoiros, que se desenvolverán durante os 6 días do certame, de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.
O venres 4 de agosto, a demostración será a cargo de Elias González, de olería de Gundivós.
O sábado día 5, será a quenda da cestería co obradoiro impartido por Luisa Martínez.
Xa o domingo 6, a artesá Amparo Escrich realizará o obradoiro para nenos/as de barro.
O luns 7, realizarase tamén pola mañá e ó serán un obradoiro de bixutería infantil con macramé.
E o martes 8, a olería de Gundivós volverá a ser protagonista, esta vez da man de Tomás López, con demostracións ás 12 e ás 19 h. Tamén pola tarde, dende as 19 h. e ata as 21 h. desenvolversase o obradoiro de Olería Tradicional para nenos/as a carga de Otilia Arias.
No último día mércores 9, o obradoiro para realizar diversos artigos de bixutería con papel reciclado será a cargo da artesá Rosario Romo.
Para participar nestes obradoiros, que comezan ás 12 e ás 19 horas, é preciso anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello, na propia rúa Cardeal.
Programación 23ª Mostra Artelemos 2023
Venres 4 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
13.00 h.- Inauguración oficial da 23ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
Sábado 5 de agosto:
10:00 h.-Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de cestería. Artesá: Luisa Martínez
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de cestería. Artesá: Luisa Martínez
Domingo 6 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
Luns 7 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
Martes 8 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos e nenas. Artesá: Otilia Arias
Miércoles 9 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo