Monforte de Lemos, 4 de novembro de 2023. A 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, inauguraron na mañá de hoxe unha nova edición do tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte durante esta fin de semana, o 4 e 5 de novembro.
Un mercado de produtos típicos de outono de tempada que contará ademais con gastronomía, contacontos e diversos obradoiros relacionados co Samaín e cos cogumelos.
No espazo dos Mercados da Praza de Abastos, é posible, durante toda a fin de semana, adquirir produtos de tempada, produtos gastronómicos de outono: castañas, cogumelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cós mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de aceite, embutidos e queixos galegos. En total son 12 postos de venda directa deste tipo de produtos.
Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abriu as súas portas hoxe sábado 4 de novembro ás 10 h. Pola tarde abre de 17:00 a 20:00 horas. E mañá domingo 5, o seu horario é de 11:00 a 14:00 horas.
Actividades para toda a familia
Dentro do Mercado de Outono o Concello programou as seguintes actividades, dirixidas tanto a nenos e nenas coma a público adulto:
Sábado 4 de novembro
12:00 a 13:30 h.- Obradoiro do Sanmain para nenos/as. Decoración de cabazas e elaboración dunha casiña terrorífica..
18:00 a 19:00 h.- Contacontos con Iseo A Moura “De cea cos difuntos”.
19:00 a 20:30 h.- Showcooking “Cociña de cogumelos”. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto. Amosaranse diversas maneiras de preparación de cogumelos, con receitas tanto salgadas coma doces, e cunha dificultade media-baixa.
Domingo 5 de novembro:
12:00 a 13:30 h.- Obradoiro de cultivo de cogumelos. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto. Ensinarase o cultivo de cogumelos en saco, na horta ou no monte.