O Concello abre mañá o Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte, con produtos navideños e actividades para toda a familia

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2023. O Concello de Monforte abrirá as portas, mañá venres 22 de decembro, do Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

 

Abre o Mercado de Nadal de Monforte

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforte, abrirá as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá venres 22 de decembro, con continuidade o sábado 23, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Este mercado terá continuidade a vindeira fin de semana, os dñias 29 e 30 de decembro.

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal contará con 13 expositores cada día.

 

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O venres 22 ás 12 da mañá, celebrarase o Obradoiro de cestería, impartido pola artesá Paqui Abeledo. As persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado ata cubrir as 20 prazas dispoñibles.

Pola tarde, ás 18:30 horas, terá lugar o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, que aportará ideas de menús navideños coa elaboración de catro tapas diferentes a cargo do chef Manuel Rodríguez: “Mejillones con langostinos y setas en escabeche casero”, “Aguacate con pico de gallo mexicano y tartas de gamba arrocera”, “Taco de merluza con nabizas y panceta curada” e “Solomillo de cerdo duroc con crema de patata y tierra de setas de temporada”.

As persoas interesadas poden acudir directamente no horario entre 18:30 e 20:30 ao espazo gastronómico da praza de Abastos onde poderán degustar e aprender novas ideas para os menús navideños que ademáis de maridalos con Viños da Ribeira Sacra.

O sábado 23, visitará Papá Noel a Praza de Abastos en dous pases, un pola mañá de 12:00 a 14:00 e outro pola tarde de 17:30 a 20:30. A súa Trona estará ubicada nas instalacións do Mercado, e dende ela atenderá ós nenos e nenas que se acheguen a visitalo.

 

Actuacións na rúa do Cardenal para animar ó comercio e á hostalería

Cada fin de semana, e como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería.

O sábado 23, a partir das 20:00 horas, actuará o grupo monfortino Doc Magoo’s  e o sábado 30 á mesma hora, Malenne.

O Alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.

 

Resto de programación para os días 29 e 30 de decembro

Venres 29 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de decoración de calcetíns navideños personalizados.

18:30 h.- ContacontosUn saco de contos” con María da Pontragha. Espectáculo de contos e música de historias da nosa cultura e tradición. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

Co seu espectáculo Un saco de contos leva contos e cancións de tradición oral para crianzas. Historias que beben da nosa herdanza cultural e cos que sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.

 

Sábado 30 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe.

18:30 h.- Espectáculo de maxiaWhy Not?2.0?” con Samuel Moreno, artista de Tomiño con gran talento e que chegou a semifinais de "Got Talent España" na edición do 2018. Ata este momento actuaba en eventos privados pero a partir dese ano despega actuando en diferentes eventos e locais de toda España.

En "Why Not? 2.0?" Samuel mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.

20:00 h.- Actuación musical na rúa Cardenal a cargo do grupo monfortino Malenne.