Monforte de Lemos, 05 de xullo de 2023. A concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, inaugurou na tarde de hoxe na Casa da Cultura, a novena edición do Fancine de Lemos, Festival de Cine Fantástico de Monforte, que se celebrará na cidade do Cabe dende hoxe 5 de xullo e ata o vindeiro domingo día 9.
No acto inaugural, a titular de Cultura estivo acompañado polo director deste Festival, o monfortino Iván Patiño, así como pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada. Tamén estivo presente Marian Salgado actriz de dobraxe que foi quen puxo a voz á nena do Exorcista na versión da película en español, e que recibiu o premio de honra do Fancine 2023.
Marina Doutón resaltou na súa intervención a consolidación desta mostra, “grazas á cal contribuímos a achegar a cultura ós veciños de Monforte; pero tamén á xente que decide visitarnos durante o verán. E é que a realización deste evento contribúe a traer visitantes á nosa cidade”.
“O Festival segue a apostar forte pola idea de converter a Ribeira Sacra nun espazo onde o cinema e a sustentabilidade nos sitúe entre os festivais de xénero máis importante de Galicia”, subliñou a concelleira de Cultura.
Un dos atractivos deste Festival é a posibilidade de ver cine ó aire libre, neste caso, no parque dos Condes. “É un xeito diferente para gozar das películas, especialmente na época de verán en que se celebra o Festival”. Un festival que se integra dentro da programación do Verán Cultural monfortino.
Marina Doutón tamén resaltou o “compromiso firme e decidido” co Festival, pois “estamos do lado de todas aquelas iniciativas que, como esta, axuden a fomentar a cultura, e que neste caso concreto, porque axuda a asociar o nome da nosa cidade asocie directamente co cine fantástico”.
Neste senso, o Concello monfortino colaborou con 5.000 euros para o desenvolvemento do Fancine, ademais de ceder espazos como a Casa da Cultura, a praza de España ou o Cuadrado do Parque dos Condes.
Novena edición do Fancine de Lemos
O Fancine celebrase dende hoxe mércores día 5 ata o domingo 9 de xullo e este ano o festival está adicado á película “O Exorcista” na conmemoración dos 50 anos da súa presentación. As actividades programadas xirarán arredor desta produción e a acción mais importante do festival é a presenza de Marian Salgado, quen é unha das mulleres fundamentais na historia do fantaterror español e que foi quen puxo a voz á nena do Exorcista na versión da película en español.
Ademais do concurso anual de curtametraxes, eixe principal do Festival, e as proxeccións de longametraxes, o certame terá un srnfín de actividades dende masterclass, obradoiros ou rodaxes.
Ademais, a Casa da Cultura acolle unha exposición sobre réplicas das pezas máis coñecidas do mundo de terror, baixo o título de “Objetos Malditos”, exposición que estivo presente no Festival de Sitges.
Ó Concurso de curtametraxes presentáronse este ano 280 participantes, que son 80 máis que en 2022. Desas 280 curtas seleccionáronse finalmente 23, por un xurado composto pola Concelleira de Cultura, Marian Salgado e Aida Cordero da que sairán catro gañadores con premios de 1.000 € destinados para tal fin.
A organización do Fancine de Lemos pon en marcha unha iniciativa innovadora que se comeza este ano, dentro da formación, e que é o Concurso de Curtas curtas consistente en curtametraxes de terror e duración inferior a 30 segundos
Toda a programación do Fancine de Lemos 2023 pódese consultar en:
https://www.fancinedelemos.com/