Monforte de Lemos, 14 de febreiro de 2023. O Concello de Monforte, ven de anunciar a necesidade de suspender temporalmente a representación da obra de teatro que estaba prevista para este xoves, día 16 de febreiro. A compañía responsable da posta en escena, ven de alegar motivos xustificados que impiden que a obra “A louca historia de Galicia” siga a ruta programada dende O Concello.
A carteleira prevista e formada por un total de 6 postas en escena destinadas na súa maioría ao público adulto, continuará o día 9 de marzo da man da compañía Olivas negras que representará “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”, un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica cunha historia de auto superación e empoderamento feminino.
Culturactiva, actuará o 20 de abril para pór en escena “Conexión pinguín”, unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos.
O 4 de maio, a compañía Redrum teatro pechará o ciclo de representación para adultos do primeiro semestre do ano, coa obra “Un home con lentes de pasta”, comedia negra que versa sobre as relacións humáns.
Non debemos esquecernos do público infantil, que terá o 7 de maio unha representación específica para eles, titulada “O lobo e a lúa” a cargo da compañía Baobab Teatro, unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor, pensada para público familiar a partir de 3 anos.
Todas as obras mencionadas poñeranse en escena no Edificio Multiusos do Concello de Monforte, en horario de tarde, ás 20:15 h agás a representación do 7 de maio para público infantil que terá lugar ás 18:00 h. A entrada xeral será dun importe de 5 € pero tamén haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados a un importe de 3 €.
O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a participar na programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, dentro da aposta decidida que este goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.
A Concellería de Cultura incidiu no compromiso que mantén o Concello de Monforte de brindarlle á veciñanza unha oferta cultural de calidade coa difusión de espectáculos variados e para tódolos públicos entre os que se atopa a programación teatral para este primeiro semestre de 2023.