Monforte de Lemos, 5 de xaneiro de 2023. As Súas Maxestades os Reis Magos volveron visitar Monforte para facer realidade as ilusións de nenos e nenas da cidade.
Os Reis Magos chegaron á Estación de tren de Monforte onde foron recibidos polo Alcalde, José Tomé Roca, e o Equipo de Goberno ó son do Grupo de Gaitas do Concello.
A Comitiva Real estivo integrada por catro carrozas, unha coa Estrela de Nadal e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes foron alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participaron o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos, con formas de pingüiño e unicornio.
A Comitiva Real partiu dende a Praza da Estación, e percorreu as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello.
Na praza do Campo de San Antonio foron recibidos novamente polo Alcalde e membros da Corporación municipal. De seguido, dende o balcón da Casa Consistorial, deron lectura ó Discurso real e repartiron caramelos entre os asistentes congregados na praza.
Finalmente, nas escaleiras do vestíbulo do Concello, os Reis Magos recibiron ós nenos e nenas que quixeron coñecelos e levar un recordo da súa visita.
“Coa chegada dos Reis Magos a Monforte, e co apagado, o vindeiro domingo 8 de xaneiro, do alumeado navideño do Concello, daremos por finalizado o completo programa de actividades de Nadal que dende o Equipo de Goberno desenvolvemos este ano en Monforte, e que resultou todo un éxito de participación”, destacou o Alcalde.