Monforte, 28 de febreiro de 2023.
O Concello de Monforte informa que este martes 28 de febreiro levarase a cabo un corte no subministro de auga para desenvolver obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede xeral de abastecemento municipal. A zona afectada será:
-Rúa Calvo Sotelo entre o Nº 2 e o Nº 110.
O CORTE PRODUCIRASE A PARTIR DAS 11H e será restablecido o antes posible.
O Concello, que segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.