Monforte de Lemos, 20 de xullo de 2023. A primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, representaron hoxe ó Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e en representación do Alcalde, na concentración que tivo lugar ás portas do Hospital Comarcal de Monforte a cargo dos traballadores e traballadoras deste centro.
A concentración, que tivo lugar ás 12 h., foi convocada ante a falta de facultativos especialistas, que supón un grave perxuizo tanto para os pacientes coma para os propios traballadores.