O CONCELLO INFORMA DAS ALTERACIÓNS DE TRÁFICO QUE SE PRODUCIRÀN O XOVES DÍA 23 POLA CELEBRACIÓN DA CARREIRA CICLISTA O GRAN CAMIÑO

Monforte de Lemos, 22 de febreiro de 2023. Dende O Concello de Monforte quérese informar á poboación de que mañá, xoves, día 23 de febreiro terán lugar unha serie de modificacións no tráfico normal que afectarán a zonas concretas da cidade pola celebración da carreira ciclista O Gran Camiño ao seu paso por Monforte.

Estímase que dende as 12:15 h ata as 13:00 h, sempre de forma estimada en función do desenrolo do evento, estarán cortadas ao tráfico, as rúas seguintes:

CARRETERA DE CHANTADA,

CALLE CHANTADA,

AVENIDA DE GALICIA (Desde inicio hasta cruce con c/Cardenal Rodrigo de Castro),

CARDENAL

PLAZA PUENTE FONTECHA,

COMPAÑÍA e

ESCULTOR FRANCISCO MOURE,

Tamén permanecerá cortada a entrada de vehículos a estas rúas dende as leterais que teñan enlace ó cruce coas mesmas.

 

A continuación detállanse as horas aproximadas de corte en cada unha das rúas:

  • Entrada en Ctra. Chantada GLORIETA SALÓN DEL MUEBLE:           Entre as 12:33 e as 12:46
  • Paso por GLORIETA DEL HÓRREO: Entre as 12:34 e as 12:47
  • Paso por C/CARDENAL: entre as 13:36 e as 12:50
  • Paso por C/ESCULTOR FRANCISCO MOURE: entre as 13:37 e as 12:51

Dende o Concello queren pedirlle desculpas aos cidadáns polas posibles molestias ocasionadas e informar de que o tráfico quedará restituído en canto sexa posible.