Monforte de Lemos, 15 de agosto de 2023. Na mañá de hoxe, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, encabezando a comitiva institucional, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais da cidade.
Deste xeito, a comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, isto é, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, así como diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu ás 10:45 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional e a Banda de Gaitas do Concello de Monforte.
A tradición tamén marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de colocación da nova iluminación que se están levando a cabo nela, fixeron que os actos litúrxicos do 15 de agosto se trasladasen á igrexa da Régoa.
A chegada da comitiva oficial á igrexa da Régoa tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.
Deste xeito, tras a eucaristía, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio da igrexa, unha ofrenda floral na que o Alcalde de Monforte depositou flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe.
Tras elo, o Grupo de Baile Tradicional, ó son da Banda de Gaitas do Concello de Monforte, executaron diversas pezas de danza diante da Virxe. Tras elo, concluíron os actos de honra á Virxe.
O prato forte no programa das Festas Patronais do día de hoxe serán os Fogos de San Vicente, que terán lugar esta noite ás 12 horas, e o concerto de Tanxugueiras, que dará comezo tras os Fogos, as 00:30 na explanada da Compañía.