O Alcalde preside os actos de presentación do ADC Monteforte, na celebración do triangular disputado nos campos da Pinguela e do Luis Bodegas

Monforte de Lemos, 02 de setembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, presidiu na tarde de hoxe os actos de presentación do ADC Monteforte, no que tamén estivo acompañado por directivas de dito equipo monfortino de fútbol feminino.

Os actos consistiron na disputa dun triangular de partidos amistosos no que participaron, ademais do ADC Monteforte, o CD Lugo Feminino, e o Victoria FC de Santiago de Compostela. Os partidos disputáronse nos campos municipais de A Pinguela e do Luis Bodegas.

Previamente ó inicio de ambos encontron, o Alcalde fixo entrega a cada xogadora dos dous equipos, así coma corpo técnico, equipo directivo, e ó árbitro do encontro, dun libro, agasallo do Concello, titulado “Las diez mil hijas de Irene. Cien años de fútbol femenino en Galicia”, escrito polo xornalista coruñés Alexandre Centeno. Xunto co libro, tamén recibiron unha bolsa corporativa do Concello monfortino.

José Tomé, tamén fixo entrega a cada unha das capitanas dos equipos participantes, dun trofeo conmemorativo coa Torre da Homenaxe de Monforte.

O triangular comezou coa celebración, dende as 16:30 h., do encontro entre o CD Lugo Feminino e o Victoria FC “A” de Santiago de Compostela, no Campo municipal de A Pinguela. O resultado final foi de 2 a 2, e nos penaltis impúxose o Lugo por 5 a 4.

Ás 19.00 h tivo lugar o segundo dos encontros amistosos no Campo Municipal Luis Bodegas, coa disputa do partido entre as xogadoras do ADC Monteforte e o Victoria FC “C”. Neste segundo encontro, incorporouse a Tenente de Alcalde, Gloria Prada. O resultado final foi de 1 a 4  favor do Victoria FC “C”.

 


O Alcalde coas xogadoras do ADC Monteforte e o Victoria FC "C" no campo municipal Luis Bodegas

 


O Alcalde coas xogadoras do CD Lugo Feminino e o Victoria FC "A" no campo municipal de A Pinguela