O Alcalde presenta unha inversión millonaria para a reforma integral do Polideportivo Municipal de A Pinguela

Monforte de Lemos, 20 de xaneiro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a reforma integral do Polideportivo Municipal de A Pinguela, unha vella demanda na que O Equipo de Goberno estaba a traballar dende fai anos ata poder conseguilo. As condicións obsoletas das instalacións municipais requirían unha reforma integral que vai dar servizo ós mais de 40 clubs e Asociacións Deportivas presentes no municipio e ós demais veciños monfortinos que van a desfrutar dunhas instalacións modernas, cómodas e moi amplas.

Estado actual do Polideportivo Municipal

O rexedor monfortino explicou as condicións e as características das instalacións na actualidade detallando por plantas os distintos servizos que hai en cada unha delas:

- “Temos unha entrada  que nos conduce directamente ata o vestíbulo dende o que se accede á pista, á zona de vestiarios e á grada superior a través das escaleiras, ás que se lles engadiu recentemente un ascensor para facilitar a accesibilidade ó edificio”.

- “A planta alta, que dispón dunha soa zoa de gradas ó largo da pista, cunha parte destinada a tribuna e un pequeno espazo superior para comentaristas e venta de golosinas”.

- “E un nivel intermedio situado entre a piscina e o polideportivo onde actualmente se atopan as oficinas dos clubs”.

Solución adoptada.

A continuación, José Tomé, explicou o proxecto de reforma integral do Polideportivo Municipal por consideralo insuficiente para acoller un aforo acorde ó alto nivel das moitas competicións disputadas, e pola necesidade de actualizar e modernizar as existentes.

Sinalou o Alcalde que “o obxectivo deste Equipo de Goberno é dotar a Monforte de Lemos dun polideportivo municipal cómodo, seguro e amplio que poida dar resposta ás necesidades da cidade, en definitiva mellorar a vida dos Monfortinos proporcionándolles os mellores servizos”. Con este investimento vaise conseguir maior comodidade da gradaría, melloras nos aseos e vestiarios, amplíanse as zonas de almacén e de despachos, mellórase en accesibilidade e seguridade, pero sobre todo, auméntase considerablemente o aforo do pavillón, permitindo que se realicen nel competicións ó mais alto nivel”.

Tal e como explicou o rexedor, “practicamente estamos a falar dun novo polideportivo dado que solo se vai conservar o pavimento de xogo, parte da estrutura e todo o demais, vaise a facer de novo” engadiu o Alcalde que “non solo será novo por dentro, tamén por fora xa que se vai a recubrir dunha capa envolvente que lle proporcionará un acabado espectacular”

Actuacións a realizar.

O Alcalde explicou minuciosamente o proxecto de reforma detallando os cambios que se van a executar en cada unha das plantas:

-“Na planta baixa vanse reordenar os espazos, para crear un novo ximnasio, unha zoa de almacén e ampliar a actual zoa de despachos. Ademais a escaleira vai a ser substituída  por unha nova que libere espazo na zoa de recepción”.

-“Na planta superior, que é onde se centra o mais importante da reforma, vaise aumentar o número de gradas para conseguir un aforo acorde ó alto nivel das competicións disputadas, de tal modo que a grada que hai na actualidade amplíase con catro filas máis de gradas, dúas na parte superior e outras dúas na parte inferior e deixando espazos para prazas de persoas con mobilidade reducida”.

-“Ó mesmo tempo, vanse crear tres gradas máis, tanto no lado oeste, como nas dúas cabeceiras, voando cara ó exterior para mellorar a visibilidade dentro do pavillón e que lle vai conferir unha nova imaxe actual e atractiva.

-“O aumento tanto en número de gradas, como a ampliación da que existe actualmente, permite aumentar o aforo das instalacións en máis do dobre con respecto á actualidade, neste momento temos un aforo de 465 persoas e unha vez rematada a obra estaremos a falar dun total de 1.198 localidades. Esto permitirá celebrar competicións ó mais alto nivel”.

-“A seguinte modificación afecta á sede de oficinas e locais que se amplía en 85 m2 máis e dótase dun novo espazo para ximnasio, que actualmente non hai, para que os clubs completen a súa preparación e que terá unha superficie de 131m2”.

-“Renovaranse totalmente os vestiarios, contando con 6 espazos, incluíndo un específico para persoas con mobilidade reducida. Tamén se fará de novo o teito e illado para humidades e temperatura. Hai que subliñar que unha das partidas mais importantes de toda a reforma correspóndese co epígrafe de climatización. Con este esforzo de inversión preténdese que sexa máis confortable, máis eficiente e respectuoso co Medio Ambiente. O alumeado será de luces LED de baixo consumo.”

En canto ó resultado exterior, trala reforma, José Tomé explicou que “a fachada actual e os novos volumes, vanse revestir a base de SATE con un zócalo pétreo hasta a altura das ventás” e tamén explicou o resultado final do acceso ó pavillón que se marcará mediante un pórche para relacionalo coa piscina anexa. Por outra banda, as zoas redondeadas que completan a fachada, aportaranlle modernidade e actualidade á imaxe do edificio.

Orzamento

O orzamento destinado para a reforma do pavillón de A Pinguela ascende a 3.826.678,65 €.

As partidas que supoñen unha maior inversión son as destinadas á climatización (510.603,76 €), pechamentos e revestimentos (498.300,05€), estruturas (492.148,20 €).

O Alcalde detallou que “a financiación será compartida pola Consellería Superior de Deportes e polo Concello a un 50%”.  Vaise a presentar no próximo Pleno unha modificación do orzamento e a autorización para unha operación de crédito pola totalidade da inversión, mentres non se resolva a subvención, para axilizar o comezo da reforma . Preténdese licitar de forma inmediata para poder comezar as obras no mes de abril e rematar en setembro coa intención de que esté finalizado para a próxima tempada”

Esta reforma integral do Polideportivo Municipal, considera o Equipo de Goberno que o vai a transformar nun referente a nivel de equipamento para a comarca de Terra de Lemos e a provincia de Lugo. Con esta nova inversión dáse resposta a unha vella reivindicación da sociedade monfortina e complétanse unha serie de actuacións de reformas en infraestruturas que están a transformar Monforte nunha nova cidade, moderna e planificada co obxectivo final de facerlle máis cómoda a vida os cidadáns que viven nela.

A inversión que fixera ata o momento, o Equipo de Goberno en instalacións deportivas, superaba os 800.000 € (801.098,50 €). Si sumamos este novo orzamento, chegamos a unha cifra cercana ós 4.500.000 de euros (4.344.319,47). Un total que ven a demostrar o esforzo que se fixo e se segue a facer dende O Concello para mellorar a cidade e dotala de todas as comodidades para beneficio dos veciños.