Monforte de Lemos,22 de febreiro de 2023. Éxito rotundo do desfile de entroido con mais de 1.200 participantes nun día sen choiva nin frío burlando as previsións climatolóxicas iniciais. O Alcalde amosou a súa satisfacción pola recuperación do entroido en Monforte a cotas anteriores á pandemia, constituíndo como xa era tradición, un dos desfiles mais concorridos da provincia. José Tomé quixo aproveitar a ocasión para felicitar aos gañadores e agradecer aos participantes a súa ilusión e traballo nas estupendas propostas que desfilaron este ano.
A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, representando a Clara Campoamor, coa súa urna solicitando o sufraxio feminino, en un guino á defensa dos dereitos da muller, anunciou os premios, poucos minutos despois das 19:00 na Praza da Compañía, que estaba ateigada de público desfrutando da actuación da orquestra en directo.
O entroido deste ano xa está a punto de rematar con unha única cita por celebrar, o enterro da sardiña, que terá lugar hoxe mércores con saída da Praza de España ás 20:00 h ata ser ceibada no río Cabe na Ponte Vella.
Nesta edición de 2023, o Concello destinou 18.000 euros en premios, mantendo a mesma axuda que en 2022. Neste senso, o pasado ano, no que se recuperou a actividade logo do parón propiciado polo Coronavirus, o Concello incrementara o importe destes premios en 4.900 euros máis con respecto a 2020 (un 37,40% máis), ano en que se repartiran 13.100 euros en premios.
O Alcalde ven de expresar “a súa satisfacción pola recuperación do entroido Monfortino despois da anomalía vivida estes últimos anos por mor da pandemia. O 2023 ven a reafirmar a importancia desta tradición para a Comarca que volveu a participar con entusiasmo en todas as actividades programadas”. Tamén remarcou “o impulso económico que supón esta celebración capaz de reunir na cidade a un número importantísimo de persoas tanto de aquí como de fora que visitan Monforte para desfrutar dunha posta en escena divertida e colorista, na que non pode faltar a crítica e o bo humor”.
O número de participantes anotados foi de 1.250 persoas, distribuídas en 18 comparsas e 11 anotados na categoría individual que inclúe a participación de grupos ata 3 persoas. As rúas de Monforte enchéronse de cor e música e o público asistente desfrutou dunha xornada de humor e festa na que as condicións climatolóxicas axudaron a conseguir unha cita que non se repetía dende hai anos con esa cantidade de público.
Os premios repartíronse en diferentes categorías, según o número de participantes e tendo en conta criterios diversos de xeito que ademáis dos premios ás carrozas, tamén se valorou a comparsa ó mellor humor, á posta en escena e a critica de actualidade.
O martes de Entroido rematou como é habitual coa celebración dos premiados e do público na Praza da Compañía coa actuación da orquestra en directo que animou aos presentes a bailar e celebrar un día especial.
O Alcalde e o resto do Equipo de Goberno queren felicitar aos premiados e agradecer a todos os participantes o esforzo que fixeron para a realización das súas propostas e animan aos veciños a seguir participando nas actividades organizadas polo Concello que se desenvolven na cidade.