O ALCALDE DE MONFORTE ANUNCIA UNHA INVERSIÓN DE MAIS DE 2 MILLONS DE EUROS NA MELLORA DA REDE DE SANEAMENTO DE MONFORTE DE LEMOS

Monforte de Lemos, 25 de febreiro de 2023. O Alcalde de Monforte ven de presentar unha nova inversión millonaria para a cidade e tal e como declarou “hoxe é un deses días moi positivos para Monforte porque presentamos o Proxecto Construtivo de melloras na rede de saneamento cunha inversión de máis de 2 M de euros, concretamente, 2.003.073,88. Tal e como afirmou José Tomé, “a inversión, xa fala por si sola, da importancia do proxecto das obras que se van a realizar”. Con estes traballos, tal e como explicou o Alcalde, vanse a subsanar as infiltracións que sobrecargan a rede e os alivios de augas residuais e  abórdase tamén nesta mesma actuación, a mellora da rede de saneamento de varias rúas , por estar en mal estado na maioría dos tramos, causando un funcionamento deficiente.

O rexedor anunciou a súa intención de aprobar no Pleno do Concello do luns, día 27, o Proxecto Construtivo para que se liciten as obras que está previsto que comecen na segunda metade do presente ano, xa que tal e como explicou “hoxe podemos dicir, que acabamos os trámites administrativos e estudos técnicos e pasamos á fase das obras físicas.”

Con data de 29 de xuño de 2020, aprobárase un convenio entre a CHMS e o Concello de Monforte de Lemos, para financiar a redacción dun estudo de alternativas para a mellora integral do saneamento e depuración da rede de Monforte e tamén para financiar a II Fase das obras de mellora de saneamento urbano.

O importe total do convenio era de 2.400.000 €, aportando a Confederación Hidrográfica Miño-Sil o 80% e o Concello o 20%. Deste montante, 400.000 estaban destinados a facer un estudo integral da rede de saneamento, e que xa está rematado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Precisamente, froito dos resultados dese estudo, surxe o Proxecto que a Alcalde presentou no día de hoxe.

Os estudos que se fixeran en varias ocasións da rede de saneamento da cidade xa sinalaban deficiencias de gran importancia na rede:

  1. A cubeta aluvial presenta uns elevados niveis freáticos.
  2. A rede de saneamento da cidade é unitaria, antiga e está en mal estado na maior parte dos seus tramos producindo gravísimos problemas de infiltracións que sobrecargan a rede e a EDAR ocasionando que esta funcione de forma deficiente e
  3. A incapacidade dos colectores para tan elevado caudal circulante, provoca alivios de augas residuais sen tratar, en varios puntos, co conseguinte impacto negativo no medio receptor.

Unha vez analizados os problemas, plantéxase a necesidade de facer un proxecto para definir e valorar as obras necesarias de actuación na Fase II da mellora de saneamento de Monforte que corrixan os problemas detectados na rede de subministro. Faise, por tanto un estudo pormenorizado e detallado que revela as seguintes conclusións:

  • Un 50% do volume anual xestionado pola rede provén de infiltracións da capa freática mentres que a porcentaxe asociado a augas pluviais é de tan so un 15% ó ano.
  • A capacidade limitada da EDAR de Piñeira que só é capaz de controlar o 46% do volume anual, produce alivios incontrolados con maior incidencia no Parque dos Condes.
  • Nesta zona ademais existe unha gran concentración de tubaxes e a pesar do elevado caudal hai unha única tubaria de saída que está agravado por unha capa de sedimentación que se detectou no tramo da Plaza da Compañía e que reduce á metade a sección útil do colector entre os pozos E1246 e E1242.
  • A baixa capacidade do colector do Parque dos Condes, xenera un estrangulamento que impide o drenaxe correcto do caudal de entrada provocando vertidos frecuentes hacia o Río Cabe.

Tras o análise das conclusións enumeradas, plantease un plan de actuacións que podemos resumir do modo seguinte:

  1. Reparación do colector de Malloadas.
  • Tras apreciarse un caudal circulante excesivo, proponse a implantación dunha nova estación de bombeo de augas residuais e a instalación dun pozo de bombeo prefabricado na ubicación do pozo de rexistro actual, para conducir as augas a outro ramal da rede de saneamento.
  • Déixase prevista unha partida para reparar o colector existente e actuarase repoñendo os firmes que resulten afectados.
  1. Limpeza e reparación do interceptor na zona dos Escolapios.
  • É necesario facer unha limpeza da antiga galería existente baixo a Plaza da Compañía e que se prolonga pola Rúa Carude mediante equipos mixtos de succión-expulsión.
  • No encontro da Rúa Carude e a Praza da Compañía, detectouse unha zona onde se desmoronou a antiga galería necesitando a súa reparación mediante a colocación dunha nova tubaxe de PVC (diámetro 1.200mm).
  • Na praza da Compañía fronte á oficina de rehabilitación proxectase a reparación dun pozo que pode infiltrar ó terreo augas residuais e deseñaranse dúas arquetas rebaixando o fondo en 50 cm para que poida actuar como arenero ou decantador para previr depósitos na galería.
  • Como nesta zona se concentran as descargas de importantes cuncas da marxe esquerda do río, vanse desviar os aportes da rúa Escultor Francisco Moure por un novo colector hasta a arqueta de reunión AR-1 simplificándose o funcionamento desta zona.
  1. Mellora das condicións de desaugue da zona do Parque dos Condes coa execución parcial das actuacións inicialmente previstas de:
  • A execución dun pozo arenero.
  • Conexión da rúa.
  1. Rúa DOUTOR CASARES.
  • Renovación dos colectores de saneamento existentes ó final da rúa Dr. Casares (entre a gasolineira e o Cruce con Rio Seco) mediante novos tubos de PVC (630MM).
  • Instalarase unha nova tubaxe e todas as acometidas tanto de pluviais como de residuais que irán conectados aos novos pozos de rexistro.
  • Renovaranse os imbornais dispoñendo uns novos con sifón para evitar posibles olores da rede unitaria.
  • Finalizadas as obras repoñeranse os bordillos, pavimento das aceras, sinalización vertical e alumeado público. Ademais procederase ao fresado da capa de rodadura da calzada.
  1. Rúas ROSALÍA DE CASTRO e CONCEPCIÓN ARENAL.
  • Deseñouse unha rede separativa nas dúas rúas. Instalaranse novos colectores substituíndo á condución unitaria.
  • Na rúa Concepción Arenal instalarase un separador hidrodinámico como dispositivo de tratamento das augas pluviais que dará saída ás pluviais ao río Seco.
  1. Reparación de pozos na prolongación da rúa Juan Montes.

Nas obras de melloras da rede levadas a cabo nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Xoán Montes e Padre Feijoo, certificouse a imposibilidade de reparar cinco pozos de rexistro (JM25,JM33,JM31,JM34 Y JM36) e no presente proxecto vanse a demoler e proceder á súa substitución por pozos prefabricados de formigón armado.

 Todas estas actuacións teñen como obxectivo principal, por un lado, a redución de augas brancas que se incorporan á rede de forma irregular por deficiencias construtivas e do estado de conservación dos pozos e dos colectores e por outro, levar a cabo reparacións estruturais da rede nas rúas mencionadas que precisan dunha intervención mais urxente.

As actuacións supoñen un orzamento de licitación de 2.003.073,88 € e estarán cofinanciados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aportará o 80% da inversión, é decir, 1.602.459,10 e polo Concello con unha porcentaxe do 20%, que supón a cantidade de 400.614,78€.

Este proxecto ven a continuar coa labor de mellora no mal estado da rede de saneamento de Monforte, despois das melloras realizadas nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoó.

Estamos a falar dunha inversión total nestes 3 últimos anos de case 4.000.000 € co obxectivo de mellorar o mal estado da rede secundaria, a eliminación de infiltracións e das entradas incontroladas de augas limpas que producen saturación na EDAR, así como a mellora da rede xeral que co desdobramento garantirá que a cidade non poida quedarse sen subministro de auga.

O Alcalde amosouse “satisfeito de poder presentar estes avances tan importantes na rede de subministro que considera de vital importancia para a cidade e que os cidadáns levan esperando dende fai moitos anos. Temos que lembrar que xa a Xunta de Galiza no ano 2013 emitiu un estudo demoledor no que se sinalaban graves problemas na rede. Pese a todo, esta, seguiu sen arranxarse e dez anos despois, faise un gran esforzo tanto económico como loxístico, para mellorar de forma moi significativa a rede de distribución da auga.

Tomé orgulloso da xestión e convencido das melloras que aportarán estes proxectos tanto a nivel medioambiental como na calidade da vida dos monfortinos, asegurou que “é a primeira vez na historia da cidade, que se acomete un plan de acción desta envergadura e importancia”, e amosouse “tremendamente satisfeito de poder aportar as solucións aos problemas de subministro  que tantas veces reclamou cando aínda non estaba no goberno”.