O Alcalde inaugurará mañá na explanada da Compañía de Monforte a xuntanza de palilleiras máis multitudinaria da provincia de Lugo, con 400 participantes

Monforte de Lemos, 1 de setembro de 2023. O Concello de Monforte acolle mañá sábado 2 de setembro, unha completa xornada adicada á arte de palillar, baixo o nome de “II Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”.

A segunda edición desta mostra, que o ano pasado supuxo todo un éxito tanto de participación de palilleiras como de público asistente, celebrarase en diversas carpas de grandes dimensións e haimas ubicadas na Explanada da Compañía, debido á asistencia de 400 palilleiras provintes de toda Galicia e Madrid, e integradas en 30 grupos asociativos.

A segunda edición desta gran xuntanza de palilleiras no sur da provincia de Lugo, abrirá as súas portas a partir das 10:30 h e ata as 19:00 h. Será inaugurada polo Alcalde, José Tomé Roca, ás 12:00 h. A continuación, terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte, e a entrega dun agasallo institucional ás mestras palilleiras presentes na mostra, que este ano son 33.

Ademais dos postos destinados ás 400 palilleiras que acudirán a este encontro, tamén se contará cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar, conformada por diversas tendas especializadas.

Este II Encontro de Palilleiras en Monforte é posible gracias ó traballo conxunto desenvolto polo Concello monfortino e pola Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e o obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar. Neste proxecto, traballouse dende o ano 2020, ano no que estaba ultimada a súa celebración que finalmente non foi posible celebrar pola incidencia da pandemia que obrigou a postpoñelo ata o pasado ano 2022, e que ten continuidade no programa do Verán Cultural do Concello deste ano 2023.

A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, pola alta demanda de moitas palilleiras que pedían celebrar un encontro en Monforte. Do mesmo xeito, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia.

Dende o Concello agárdase que o encontro volva a ser novamente ser un éxito de participación y de público, e que ademais vai xerar un importante impacto económico na cidade.

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Arteixo, Vigo, Lugo, Ourense, Boiro, Betanzos, Oleiros, A Coruña, Sarria, Silleda, Valga, Cambados, Vilanova de Arousa, Viveiro, Burela, Xove, Redondela, Vimianzo ou Camariñas, así como de Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras provintes de Madrid.

Ubicación e programa de actividades

Para este Encontro, o Concello instalará diversos postos ubicados en carpas de grandes dimensións, para que as participantes e as asociacións de palilleiras desenvolvan comodamente a súa arte de palillar e poidan amosar os seus traballos ó público asistente.

Tamén se ubicará outra zona comercial en diversas haimas, destinada a comerciantes provintes de toda Galicia que venderán exclusivamente produtos para palillar, e que soen estar presentes en todo este tipo de encontros.

O Concello fará entrega dun agasallo ás mestras palilleiras que participarán no encontro, e dende a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra tamén se levou a cabo a elaboración dun detalle conmemorativo do encontro, un alfineteiro de liño decorado cunha liña de encaixe de bolillos, que será entregado a cada participante.

 

O PROGRAMA do sábado día 2 de setembro será o seguinte:

Explanada da Compañía:

10:30 h.- Recepción das palilleiras

11:00-14:00 h.- Palillada

12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras a cargo do Sr. Alcalde de Monforte. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte, e entrega de agasallos institucionais ás mestras palilleiras.

14:00 h.- Xantar

16:30 h.- Palillada

17:00 h.- Sorteo de agasallos

19:00 h.- Despedida