O Alcalde inaugura o Mercado de Nadal de Monforte, con produtos navideños e actividades para toda a familia

Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de hoxe o Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de comercio e artesanía á vez que animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais e gastronómicas para todos os públicos.

O Alcalde, José Tomé Roca, destacou que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

Na inauguración, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán, Consumo, Regina López, e Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz.

 

Abre o Mercado de Nadal de Monforte

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforte, abriu as súas portas na Praza de Abastos monfortina hoxe venres 22 de decembro, e terá continuidade mañá sábado 23, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Este mercado terá continuidade a vindeira fin de semana, os días 29 e 30 de decembro.

No Mercado de Nadal, o visitante pode atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal conta con 13 expositores cada día.

 

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal ten un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

Hoxe pola celebrouse o Obradoiro de cestería, impartido pola artesá Paqui Abeledo, cubríndose as 20 prazas dispoñibles.

Pola tarde, ás 18:30 horas, tivo lugar o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, tamén cunha ampla participación de público. O chef Manuel Rodríguez aportou ideas de menús navideños coa elaboración de catro tapas diferentes: “Mejillones con langostinos y setas en escabeche casero”, “Aguacate con pico de gallo mexicano y tartas de gamba arrocera”, “Taco de merluza con nabizas y panceta curada” e “Solomillo de cerdo duroc con crema de patata y tierra de setas de temporada”.

Mañá sábado 23, visitará Papá Noel a Praza de Abastos en dous pases, un pola mañá de 12:00 a 14:00 e outro pola tarde de 17:30 a 20:30. A súa Trona estará ubicada nas instalacións do Mercado, e dende ela atenderá ós nenos e nenas que se acheguen a visitalo.

 

Actuacións na rúa do Cardenal para animar ó comercio e á hostalería

Cada fin de semana, e como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería.

Mañá sábado 23, a partir das 20:00 horas, actuará o grupo monfortino Doc Magoo’s  e o sábado 30 á mesma hora, Malenne.

O Alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.

 

Resto de programación para os días 29 e 30 de decembro

Venres 29 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de decoración de calcetíns navideños personalizados.

18:30 h.- ContacontosUn saco de contos” con María da Pontragha. Espectáculo de contos e música de historias da nosa cultura e tradición. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

Co seu espectáculo Un saco de contos leva contos e cancións de tradición oral para crianzas. Historias que beben da nosa herdanza cultural e cos que sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.

Sábado 30 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe.

18:30 h.- Espectáculo de maxiaWhy Not?2.0?” con Samuel Moreno, artista de Tomiño con gran talento e que chegou a semifinais de "Got Talent España" na edición do 2018. Ata este momento actuaba en eventos privados pero a partir dese ano despega actuando en diferentes eventos e locais de toda España.

En "Why Not? 2.0?" Samuel mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.

20:00 h.- Actuación musical na rúa Cardenal a cargo do grupo monfortino Malenne.